O día 26 de
xuño faleceu Xabier P. Docampo, un dos escritores fundamentais para a consolidación
da Literatura infantil e xuvenil galega. Pero tamén foi docente, promotor da
lectura e especialista en bibliotecas escolares, activista a prol da lingua,
contacontos, actor ou guionista.

Para Docampo ler
era conquistar unha illa misteriosa por iso foi un grande promotor da
lectura. Xunto con Antonio Ventura dirixiu a revista Bloc (Revista internacional de arte y
literatura infantil) que se editou entre os anos 2007 e 2010.
Convidámovos a difundir e ler a obra de Xabier P. Docampo como mellor
mostra de afecto e recoñecemento.