Comezamos este curso con forzas renovadas e cun equipo de biblioteca que varía con respecto ao curso anterior. Esperamos estar á altura deste gran espazo.
O traballo destes primeiros días será:
-Reunión do equipo para obter ideas de actuación.
-Creación de novos carnés para o alumnado de 1º de Primaria, para o novo alumnado e profesorado.
-Confeción da Guía do Usuario.
-Asesoramento ao profesorado sobre posibles lecturas para a Hora de Ler.
-Pedir colaboradores entre o alumnado de 4º,5º e 6º (se é posible tamén na ESO).