viernes, 12 de marzo de 2021

Semana da prensa.

Do 8 ao 12 de marzo, celebramos a semana da prensa. O equipo de biblioteca propuxo distintas actividades para realizar nas aulas usando os periódicos como principal recurso. As actividades están adaptadas a cada nivel para que tod@s puideran participar. 

Os máis pequenos traballaron con letras recortadas para elaborar o seu propio cartel sobre novas relacionadas co proxecto no que están a traballar: o espazo. 

Aproveitando que a semana da prensa coincidiu coa celebración do día da muller, os maiores de primaria seleccionaron as novas relacionadas coa muller para posteriormente elaborar unha escolma coas noticias que máis lles interesaron. 




Tamén fixeron exposicións na aula:


E incluso elaboraron carteis nos que facían un estudo comparativo das novas relacionadas coa muller nas diferentes seccións dos periódicos.