
A celebración do Samaín ou Halloween cada ano é máis popular. Así todas as actividades que se programan teñen moito éxito: o taller de cabazas, o taller de maquillaxe, o visionado de contos de medo na biblioteca, os xogos de medo...Este ano incluímos coa colaboración do EDLG un concurso de
contos de medo (algúns deles léronse na biblioteca) e que logo formarán parte dun
libro que tamén quedará na biblioteca para poder ler todos e cando se queira.




