Acaba de serlle concedido este premio a Kazuo Ishiguro nado en Nagasaki (Xapón) no1954. Cando tiña 5 anos a súa familia trasladouse a vivir ao Reino Unido e alí segue vivindo. Os seus comezos foron como guionista de series de TV e algúns pequenos relatos. Tamén é coñecido porque algunha das súas obras foron levadas ao cine con grande éxito.
Fixemos mención a este acontecemento con recortes de xornais para dalo a coñecer.