
Celebramos este día poñendo en marcha as
Mochilas Viaxeiras. Este ano viaxarán cara os fogares do alumnado de Infantil (4 mochilas), para 1º, 2º,3º e 4º de primaria (6 mochilas). Nelas irán libros nos tres idiomas (galego, castelán e inglés), un DVD, unha guía de instruccións e un caderno para que eles e as súas familias argallen xuntos e nos dean propostas de mellora.
Tamén se celebrou hoxe a primeira reunión do
Club de Lectura para alumnado e profesorado de Secundaria coa proposta de lecturas sobre
A Muller.
Ademáis a
Biblioteca acolleu a visita dunha representación de ex parlamentarios ourensáns que explicaron ao alumnado de 3º e 4º de ESO o funcionamento do Parlamento Galego. Deixáronnos libros e DVD como agasallo.
Decoramos a porta da nosa Biblioteca facendo visible o cartel co lema das Bibliotecas Escolares.
