lunes, 3 de junio de 2013

4º edición Concurso "As preguntas encadeadas"

      Convocamos unha nova edición do concurso "As preguntas encadeadas". As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todos os alumnos de ESO.
2) O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar tres preguntas.
4) Os luns publicarase no blog e tamén se exporá na entrada da biblioteca unha pregunta.
5) As solucións anotaranse en impresos que se atopan na biblioteca. O prazo de entrega remata o venres de cada semana.
6) Hai que contestar obrigatoriamente as tres preguntas xa que cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.