jueves, 23 de abril de 2009

CONCURSO: Logotipo da biblioteca

Necesitamos un logotipo para a biblioteca, que sirva para identificarnos nos documentos, nos cuños e no blog.
Anímate e deseña un logo que teña que ver cos libros, coas bibliotecas ou coa cultura.
Poden participar todos os alumnos da ESO e o segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria.
O prazo de presentación dos deseños remata o 31 de maio.
Os premios, neste caso, tamén consistirán en libros, discos ou películas.