jueves, 23 de abril de 2009

23 de Abril- Día do Libro

Con motivo da celebración do día do Libro farase unha exposición na biblioteca de contos e poesías feitas polos alumnos e alumnas de Primaria.Tamén terá lugar a presentación da revista da biblioteca que se chama Cole's.Cole? Coles? Cole de Coles? Cole's? ¿Un xogo de palabras? Si, si, un xogo de palabras, ou, mellor aínda, un sinfín de xogos de palabras. Cole's é unha revista que naceu na biblioteca do cole e chámase así seguramente porque vive na escola, ou polo nome do seu concello, ou quizais por ámbalas dúas cousas á vez.Ten un montón de actividades variadas que teñen algo que ver coa lectura. Por exemplo pasatempos de distintos estilos: sopas de letras, encrucillados, textos para completar, xogos de inxenio e de misterio...
Tamén propón concursos nos que podedes participar e cóntanos algunhas noticias da nosa biblioteca.
Ánimate e vén coñecela.