jueves, 1 de diciembre de 2016

VIOLENCIA DE XÉNERO

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de Primaria e o de 1º e 2º de ESO asistiu  a unhas charlas organizadas polo Concello de Coles na biblioteca do centro. Depois confecionaron murais con slogans contra esta violencia machista que, moi lonxe de desaparecer, segue a sacudirnos cada vez que acontece. Observáronse comentarios e xuízos de valor preocupantes por parte de alumnado do centro que confiamos en reconducir. Estes foron algúns dos murais:
A igualdade é o principio da xustiza
Non á violencia de xénero, porque hai unha muller na túa vida (nai, irmá ,filla...)
Non ao bullying


miércoles, 23 de noviembre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Póñense en marcha as Mochilas Viaxeiras este curso. Nelas haberá libros (en galego, castelán e inglés), vídeos, un caderno, normas e un montón de ilusión. Os máis pequenos de Infantil levaban pedindo esta Mochila dende principio de curso, pero ata o de agora non tivemos tempo de atender a esta petición.



miércoles, 16 de noviembre de 2016

BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

Hoxe decidimos participar na convocatoria "Bibliotecas Escolares Solidarias", coa proposta de Voluntariado en Primaria. Algo que xa viñamos facendo en anos anteriores sen este recoñecemento.
Catorce alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participarán como voluntari@s para facer labores de colaboración na biblioteca, ler libros aos máis pequenos e aumentaremos o de sair fora do centro (residencias de maiores) tamén para lerlles aos maiores, unha nova experiencia!

miércoles, 9 de noviembre de 2016

SEMANA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA

Celebramos esta semana na nosa biblioteca cun cartel alusivo, unha exposición de libros sobre Ciencia e Tecnoloxía dos fondos existentes
invitando á súa lectura e unha proxección de vídeos na hora dos recreos.

TRABALLOS PREMIADOS

Premiáronse dous dos traballos presentados á biblioteca con motivo das Bibliotecas Escolares: unha é unha carta ao escritor favorito e outro un lema a favor das bibliotecas. Os premios ás obras artísticas aínda non serán concedidos porque seguen a ser presentados.

viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Como no ano anterior creamos un cartel, expuxemos os libros de medo, decoramos o espazo e tamén invitamos aos usuarios (alumnado de primaria) a unirse a nós para ver unha película alusiva á celebración na hora do recreo da mañá. Tamén recomendamos a lectura nestas festas.




 

martes, 25 de octubre de 2016

24 DE OUTUBRO, Día da Bibliotecas Escolares

Para conmemorar esta data programamos varias actividades:
-confeción de marcapáxinas ergonómicos con lemas alusivos ás bibliotecas
-carta ao meu escritor favorito
-convocar un concurso para o noso territorio das artes onde se represente a nosa fonte (obra artística do escultor Antonio Faílde do que tomamos o nome)