martes, 12 de marzo de 2024

8 M: DÍA DA MULLER. 

O 8 de marzo celebramos o día da muller, para promover a igualdade e visibilizar a discriminación que sufrimos as mulleres en moitos eidos. No noso colexio fixemos múltiples actividades para conmemorar este día. 

En primeiro lugar escollemos unha chea de libros sobre a temática que expuxemos na biblioteca.

 

Ademais, diferentes cursos fixeron traballos de investigación sobre mulleres relevantes ao longo da historia.

O 8 de marzo o alumnado faloulle das mulleres escollidas ao seus compañeiros e, por último, os traballos foron expostos nos corredores do noso centro.



 

 

 

Feliz día da muller a tod@s!