martes, 12 de marzo de 2024

8 M: DÍA DA MULLER. 

O 8 de marzo celebramos o día da muller, para promover a igualdade e visibilizar a discriminación que sufrimos as mulleres en moitos eidos. No noso colexio fixemos múltiples actividades para conmemorar este día. 

En primeiro lugar escollemos unha chea de libros sobre a temática que expuxemos na biblioteca.

 

Ademais, diferentes cursos fixeron traballos de investigación sobre mulleres relevantes ao longo da historia.

O 8 de marzo o alumnado faloulle das mulleres escollidas ao seus compañeiros e, por último, os traballos foron expostos nos corredores do noso centro.



 

 

 

Feliz día da muller a tod@s!

viernes, 1 de marzo de 2024

 

CHARLAS DE NUTRICIÓN

O ALUMNADO DE 6º E.P., 1º ESO  E 2º DA ESO PARTICIPOU NUN TALLER SOBRE ALIMENTACIÓN E AZUCRE.

RESULTOU MOI INTERESANTE E POSTERIORMENTE FIXERON VARIOS TRABALLOS SOBRE O TEMA, QUE QUEDARON EXPOSTOS EN DISTINTOS ESPAZOS DO NOSO CENTRO. 

ESTA É UNHA PEQUENA MOSTRA DAS ACTIVIDADES QUE REALIZARON OS ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPANTES.