martes, 12 de marzo de 2024

8 M: DÍA DA MULLER. 

O 8 de marzo celebramos o día da muller, para promover a igualdade e visibilizar a discriminación que sufrimos as mulleres en moitos eidos. No noso colexio fixemos múltiples actividades para conmemorar este día. 

En primeiro lugar escollemos unha chea de libros sobre a temática que expuxemos na biblioteca.

 

Ademais, diferentes cursos fixeron traballos de investigación sobre mulleres relevantes ao longo da historia.

O 8 de marzo o alumnado faloulle das mulleres escollidas ao seus compañeiros e, por último, os traballos foron expostos nos corredores do noso centro.



 

 

 

Feliz día da muller a tod@s!

viernes, 1 de marzo de 2024

 

CHARLAS DE NUTRICIÓN

O ALUMNADO DE 6º E.P., 1º ESO  E 2º DA ESO PARTICIPOU NUN TALLER SOBRE ALIMENTACIÓN E AZUCRE.

RESULTOU MOI INTERESANTE E POSTERIORMENTE FIXERON VARIOS TRABALLOS SOBRE O TEMA, QUE QUEDARON EXPOSTOS EN DISTINTOS ESPAZOS DO NOSO CENTRO. 

ESTA É UNHA PEQUENA MOSTRA DAS ACTIVIDADES QUE REALIZARON OS ALUMNOS E ALUMNAS PARTICIPANTES. 









lunes, 5 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

Desde a nosa biblioteca animámosvos a participar nas actividades para celebrar unha festa tan nosa como é o Entroido.

 

 

 Comezamos a semana cos mandados do Meco, para rematar no noso día grande, que será o venres, cun desfile de Entroido en Albán, no que tamén participarán outros colexios e institucións da contorna. 

 

 

VEÑA TOD@S A ENTROIDAR!!!

 

viernes, 2 de febrero de 2024

booktraillers pola paz.  

O noso voluntariado de 6º curso asistiu a un obradoiro de "booktraillers", que realizamos grazas ao premio de bibliotecas solidarias que nos concederon no pasado curso escolar. 

O alumnado, distribuído en pequenos grupos, escolleu un libro para animar aos máis pequenos a ler polo Día da Paz. Nos días previos ao obradoiro, fixeron unha pequena sinopse do libro escollido e prepararon o material e atrezzo que precisarían para realizar os booktraillers. 

O día 2 de febreiro adicaron toda a xornada escolar á realización do obradoiro. A actividade foi todo un éxito para todos os participantes. 

Velaquí tedes os booktraillers. 

O PARAUGAS DE CEBRA: 


SIN AGUA Y SIN PAN: 



LA MALA PIPA: 

RATONCITO Y EL MURO ROJO: 



PUM PUM:


A OVELLA QUE CHOCOU UN OVO:



A VACA QUE PUXO UN OVO: