DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
O 24 de outubro
celebramos
o día das bibliotecas
escolares.
Quixemos implicar ao noso alumnado neste día tan especial, realizando unha votación coas súas suxestións para mercar fondos para a nosa biblioteca: dende títulos de libros que boten en falta, ata novos xogos, material audiovisual, coleccións...
Realizamos as votacións en dúas quendas, unha para primaria:
E outra para secundaria:
Ademais fixemos unha xornada de portas abertas na que o noso alumnado podía acceder á biblioteca en todos os momentos de lecer ao longo do día, para realizar as actividades habituais ademais de varias manualidades que tiñamos preparadas para eles (marcapáxinas e pulseiras).