"A eiruquiña comellona" e os vermes da seda.
Ao igual que fixemos o curso pasado, este ano os máis pequenos do cole van criar vermes da seda nas aulas.
Ademais aproveitamos a ocasión para realizar unha sesión de contacontos ao cargo do noso voluntariado lector. E, como non podería ser doutra maneira, o conto escollido foi: "A eiruguiña comellona", que lles contaron utilizando a técnica do kamishibai:
Posteriormente deixáronlles en cadansúa aula unha caixa cos vermes e déronlles unha pequena explicación de como se deben criar.
MOITAS GRAZAS ao noso voluntariado e a todos os participantes!!! 👏👏👏