domingo, 23 de febrero de 2020

DESFILE DE ENTROIDO

Como cada ano, a última tarde antes do Entroido saímos desfilar cos nosos traxes, preparados para a ocasión dende hai case que un mes. Cada grupo ou curso elexíu, dentro do tema "Cambio Climático", a súa opción coa súa música e a súa explicación para esta loita. E así quedaron:
Infantil:  árbores estragadas pola seca e os incendios.
1º curso: pingüíns escapados das  terras frías polo derretemento dos polos.
2º curso: planeta enfermo por tantas maldades que lle inflinximos.
3º curso: Climadol, medicamento para salvar o noso planeta con múltiples receitas para non estragalo máis.
4º curso: capitán Planeta e os Planetarios, heroes nacidos para solucionar os problemas ambientais.
5º curso: paneis solares e contedores amarelos, solucións contra tanta contaminación.
6º curso: contrastes entre o natural e o contaminado e contedores de bolsas con crítica aos plásticos.
ESO: grupos reducidos de axentes vixiantes dos montes, limpadores...