miércoles, 15 de mayo de 2019

LETRAS GALEGAS

Xogando a ser Antón Fraguas
 Elaboráronse murais xa pola época do Entroido onde traballou todo o alumnado do centro (agás Infantil). Agora a través dunha xincana de investigación buscaremos polo recinto escolar para resolvela, tamén usaremos a exposición sobre o autor.

 

CANTAR DE CEGO sobre ANTÓN FRAGUAS

Ímosvos contar a historia
deste gran estudoso
que pasou a vida enteira
traballando sen repouso.

Comeza a vida en Cotobade
decembro do 1905,
cando o ano rematababa
vén ao mundo este meniño.

O neno medrou xogando
polos campos de millo,
nos prados sempre verdes
regados polo seu rio.

Fillo dun pai canteiro
e dunha nai labrega
aprendeu Antoniño
a nosa fala galega.

Cando tiña doce anos
a familia decide emigrar
e que antes da partida
a Vigo ha de ir traballar.

Mais algo veu a acontecer
coas fadas do destino
e un mestre da súa escola
levouno por outro camiño.

O mestre convence aos pais
de que estudase aquí
unha “carreiriña” curta
antes de ir ao Brasil.

No Instituto Xeral Técnico
entra xa en Pontevedra



e alí remata os estudos
para ser mestre de veras.

O amor pola súa terra
e os traballos que realizou
foron por estar a carón
doutros mestres de paixón.

De Castelao aprendeu debuxo,
de Losada Diéguez as ideas
e doutros o rebulir no peito
do verme da súa terra.

Cando chega a Compostela
para estudar Filosofía
queda pronto namorado
da cidade que o atraparía.

Alí coñeceu compañeiros
e con eles comezou a escribir
un dicionario galego
con palabras do seu vivir.

Nas Irmandades da Fala
e no Seminario de Estudos
con Risco, Otero e Cuevillas
estivo o noso historiador.

Foi mestre en A Estrada
onde co seu alumnado
visitaba mámoas e castros
e patrimonio irlle ensinando.

Pronto chegou a guerra,
do ensino foi apartado,
regresa no ano cincuenta
a Lugo de catedrático.

Máis tarde sería doutor
pola universidade madrileña
director do Museo do Pobo
e por fin volta a Compostela.

Escribiu sobre costumes,
cultura, historia e xeografía,
en xornais e revistas,
e libros de etnografía.

Aquí remata esta historia
que é a historia dun estudoso
nado nunha familia humilde
e que chegou a ser famoso.

Fraguas, un galego de ben,
antropólogo e profesor,
director, cronista, arquiveiro,
xeógrafo ... historiador.


ACTIVIDADES   LETRAS GALEGAS 2019

-Debuxo-caricatura no Panel de Homenaxeados.
-Exposición da vida e obra de Antón Fraguas.
-Confeción dun Cantar de Cego sobre o autor.
-Exposición etnográfica do Entroido en Galicia elaborada polo alumnado do centro de 1º de Primaria ata 4º da ESO. Emulando o estudo do Entroido que fixo Antón Fraguas.
-Xincana con preguntas sobre vida e obra do autor e sobre o Entroido.
-Exposición na Biblioteca dos libros do e sobre o autor homenaxeado.
-Elaboración da revista “Furafollas”
-Contacontos en galego para Infantil (14 de maio)
-Investigación etnográfica sobre o meu lugar emulando a Antón Fraguas.

O XOVES 16 e MARTES 21 de MAIO

-Inauguración do Banco do Carballo (aportación da Biblioteca ao proxecto de Voz Natura) onde se creará un espazo de lectura na natureza.
-Neste mesmo lugar cantarase o Cantar de Cego.
-Interpretarase tamén aquí “O casamento da pulga”, un conto tradicional recollido por Antón Fraguas nun das súas múltiples investigacións.
-Audición de “Os Graxos” (programas de radio) na biblioteca. Debuxalos alí.
-Xincana polos espazos do centro.