domingo, 3 de marzo de 2019

DESFILE DE ENTROIDO


Como remate desta semana tan intensa o venres pola tarde desfilamos coas nosas confecións polo patio do noso cole. Invitamos tamén aos familiares do noso alumnado a disfrutar desta tarde especial.
A viaxe polo mundo incluía os seguintes países dos cinco continentes:
América con disfraces de vaqueiros
Europa con disfraces de andaluzas
Asia con disfraces de chinos (con dragóns incluídos) e ninjas do Xapón
Africa con masais e o antigo Exipto
O Polo Norte con esquimós
Na ESO por grupos do que quixeron.
O equipo de Biblioteca foi o encargado da busca de cancións (poemas) que se poideran bailar para o desfile. Foron as seguintes:
Para Infantil (esquimós)-  Nanuk el esquimal
Para 1º de EP (antigo Exipto)- Nos vamos a Egipto
Para 2º (chinos)- Soy el Chino Capuchino Mandarín
Para 3º (ninjas)- Canción ninja, Blaze and the monster machines.
Para 4º (vaqueros)- Look at the cowboy
Para 5º (sevillanas)- El toro y la luna
Para 6º (massai)- Massai reggae by yamat ole meibuko.