Todo o alumnado e profesorado preparamos a torta da PAZ, cada clase co seu ingrediente. O día 30 pola tarde saímos ao patio para cociñala. Botamos os ingredientes na cazola coa correspondente mensaxe, remeximos ben... Mentres se cociñaba cantamos e bailamos cancións da Paz. Ao final quedounos unha torta riquísima e todos comimos dela.