Continúan as visitas de escritores en lingua galega á nosa biblioteca e que forman parte da nosa homenaxe ás
Nosas Letras. Hoxe tocoulle o turno a
Manuel Núñez Singala, novelista e árduo defensor do galego. Falounos da importancia de medrar con duas linguas e dos prexuízos sobre o noso idioma: son os de fóra quen nos gaba e nós... sempre rebaixándonos!
Pero
sobre todo falounos da súa novela “Camiños na auga”, unha historia de
supervivencia e de loita contra a intolerancia. Ser diferente é ás veces moi difícil.
O
noso alumnado agasallouno cunha microdramatización sobre a importancia do
galego, baseada nunha das súas historias. Unha ledicia!
Adicounos os seus libros, pois dispomos de varios na biblioteca.