Celebramos este día cun gran cartel nas escaleiras principais anunciando esta data.

Lemos poesías nas clases e na biblioteca.
Expuxemos no noso taboleiro recomendador unha chea de libros de poemas.

Na biblioteca durante os recreos escollimos poemas para escribilo na escaleira principal.
Creamos un cartel para o blog.

Gloria Fuertes segue a ser traballada na clase de 2º de Primaria e sorprendéronnos coas súas caricaturas.