viernes, 5 de febrero de 2016

CONTOS FORA DA BIBLIOTECA



Este ano polo Entroido os contos saíron da biblioteca para
desfilar polo patio do colexio.

Lobos e Carapuchiñas desfilaron da man do alumnado de 1º de Primaria; Alicia levou o seu Pais da Marabillas  ao exterior co alumnado de 2º; os "labregos" de tantos contos saíron reivindicando o seu traballo co alumnado de 3º e 4º; Os  Tres (ou catro ou 24) Mosqueteiros foron os elexidos por 5º e 6º; e por último Os Tres (ou cinco ou 65) Porquiños fixeron as delicias dos máis grandes porque o alumnado de Infantil sempre atrapa todas as olladas.