lunes, 11 de enero de 2016

PROXECTO - OS ANIMAIS

Os alumnos/as de 5º de Educación Primaria fixeron un proxecto de investigación sobre a clasificación dos animais. Buscaron información en determinadas páxinas web, dadas polo profe, sobre a clasificación dos animais en vertebrados e invertebrados. Realizaron o traballo en grupo, cada un ocupouse de buscar as principais características de cada tipo de vertebrados e logo fixeron un mural.
No caso dos invertebrados, no mural, só puxeron imaxes de cada un dos tipos. Logo cada alumno  fixo en formato dixital unha ficha coas principais características do invertebrado que eles quixeron. Co traballo de todos os alumnos fixemos un libro "Os invertebrados", que podedes ver na seguinte entrada do blog.