martes, 26 de febrero de 2019
ENTROIDO
Como en anos anteriores o equipo de biblioteca foi o encargado de elaborar os mandados do Meco (en forma de poema)e tamén de pescudar poemas e cancións que van co disfraz de cada grupo.
viernes, 22 de febrero de 2019
SEMANA DE ROSALÍA
lunes, 18 de febrero de 2019
OS BOLECHAS RECICLAN
Hoxe na biblioteca tivemos doble sesión:
-Recitado de poemas de Rosalía
-Charla sobre a reciclaxe de residuos de aparellos electrónicos (RAEE) a través de OS BOLECHAS. o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria foron os beneficiados desta charla-actuación e tamén os beneficiados dos agasallos de libros, xunto coa biblioteca do centro.
-Recitado de poemas de Rosalía
-Charla sobre a reciclaxe de residuos de aparellos electrónicos (RAEE) a través de OS BOLECHAS. o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria foron os beneficiados desta charla-actuación e tamén os beneficiados dos agasallos de libros, xunto coa biblioteca do centro.
sábado, 16 de febrero de 2019
CARREIRA POLA PAZ
sábado, 2 de febrero de 2019
DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA
Pois sen saber que o día 1 de febreiro se conmemoraba este día, coincidíu que este día celebramos o Día da Paz (retrasámolo por mor de que había alumnado de excursión o día 30) e, como xa dixemos na anterior entrada, o alumnado voluntario e solidario de Biblioteca leu en voz alta aos máis pequenos contos e poemas sobre A Paz.
Así pois so queda sinalar este día para tod@s saiban que existe dende hai dez anos.

Así pois so queda sinalar este día para tod@s saiban que existe dende hai dez anos.

viernes, 25 de enero de 2019
PREPARANDO O DÍA DA PAZ

Toda esta semana estivemos preparando este día tan importante nas nosas vidas, a violencia está ao noso arredor dentro e fóra do centro.
Como este curso temos moi presente a poética na nosa biblioteca as mensaxes que se envíen estarán en forma de poema.
Outro poema integrará o mural á porta da biblioteca do centro.
Os voluntarios e voluntarias solidari@s lerán contos e poemas aos máis pequen@s con esta temática
de paz, amor, amizade...Haberá unha festa final onde se colocará a CADEA POLA PAZ con todas as siluetas humanas e os poemas por cursos. Cantarase a canción da Paz de Mamá Cabra e bailaremos xuntos pola Paz no mundo.
Tamén haberá outras iniciativas solidarias como:
-Recollida de tapóns para a axuda a un rapaz necesitado.
-Unha carreira pola Paz que quedará para máis adiante.

-Recollida de fondos para donar aunha ONG facendo doces para vender no recreo.



lunes, 24 de diciembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















