Desde a nosa biblioteca animámosvos a participar nas actividades para celebrar unha festa tan nosa como é o Entroido.
Comezamos a semana cos mandados do Meco, para rematar no noso día grande, que será o venres, cun desfile de Entroido en Albán, no que tamén participarán outros colexios e institucións da contorna.
VEÑA TOD@S A ENTROIDAR!!!
viernes, 2 de febrero de 2024
booktraillers pola paz.
O noso voluntariado de 6º curso asistiu a un obradoiro de "booktraillers", que realizamos grazas ao premio de bibliotecas solidarias que nos concederon no pasado curso escolar.
O alumnado, distribuído en pequenos grupos, escolleu un libro para animar aos máis pequenos a ler poloDía da Paz. Nos días previos ao obradoiro, fixeron unha pequena sinopse do libro escollido e prepararon o material e atrezzo que precisarían para realizar os booktraillers.
O día 2 de febreiro adicaron toda a xornada escolar á realización do obradoiro. A actividade foi todo un éxito para todos os participantes.
Velaquí tedes os booktraillers.
O PARAUGAS DE CEBRA:
SIN AGUA Y SIN PAN:
LA MALA PIPA:
RATONCITO Y EL MURO ROJO:
PUM PUM:
A OVELLA QUE CHOCOU UN OVO:
A VACA QUE PUXO UN OVO:
jueves, 2 de noviembre de 2023
SAMAÍN
Coma todos os anos fixemos unha selección de libros de medo para Samaín. Ademais, adornamos o hall da biblioteca cun cartel para animar a todo o noso alumnado a vir á biblioteca a coller algunha das lecturas seleccionada.
Para o día de Samaín, ambientamos a biblioteca para participar na xincana que realizamos no centro e na que participou todo o noso alumnado.
A biblioteca era unha das estacións pola que tiñan que pasar os nenos para pasar unha proba e acadar a pista correspondente para descifrar o enigma final da xincana.
viernes, 27 de octubre de 2023
Día da biblioteca escolar.
O día 24 de outubro celebramos no noso colexio o día das bibliotecas escolares.
Aproveitamos esta data tan sinalada para nós para poñer en marcha as mochilas viaxeiras, que como en anos anteriores levan un libro en castelán, un libro en galego, un libro de tipo informativo e un xogo para toda a familia.
Ademais o día sinalado fixemos unha xornada de portas abertas, na que o noso alumnado tivo acceso libre á biblioteca para facer as actividades que tiñamos á súa disposición:
viernes, 29 de septiembre de 2023
Arranxos na biblio.
Aproveitando o parón vacacional fixemos uns pequenos arranxos na nosa biblioteca: pintamos para unificar as cores e darlle algo máis de luminosidade e recortamos as estanterías da sección dos pequenos para deixalas á súa altura.
Ademais usamos os cartos da consellería para mercar novo mobiliario axeitado aos recunchos da nosa blblioteca.
Compramos estante para xogos e novos expositores:
Aproveitando o novo mobiliario, distribuímos de novo os recunchos de xogo, de lectura e de traballo para os máis pequenos:
viernes, 21 de abril de 2023
teatro de títeres
Dentro das actividades programadas para a celebración do día do libro, incluímos varias sesións de animación á lectura.
Neste caso, é o turno do alumnado de 2º B, que preparou tres contos para representar nun teatro de títeres:
Un dos contos elexidos foi: Oparaugas de cebra.
Tamén nos contaron: Unha caixa.
E, por último, representaron: Guapa.
Moitas grazas a todo o alumnado de 2º B polo seu traballo e, por suposto á profe Sabrina pola súa colaboración coa biblioteca. Os máis pequenos pasárono en grande!
Velaquí os actores e actrices trala súa actuación estelar.
jueves, 13 de abril de 2023
Abril: mes do libro.
Contacontos a cargo de Sabela Gago.
Neste mes temos unha chea de actividades na nosa biblioteca como preámbulo para o 23 de abril, no que celebraremos o día do libro.
Para comezar, un ano máis contamos coa presenza da contacontos Sabela Gago.
Coma en anos anteriores, os máis pequenos pasárono en grande porque ademais de escoitar unha historia moi divertida, participaron activamente na narración.