miércoles, 1 de febrero de 2023

        lecturas para A PAZ

O  31 de xaneiro celebramos o Día da Paz. O noso voluntariado da biblioteca seleccionou unha morea de libros relacionados co tema da paz, para lles contar aos máis pequenos. 

Para facer a actividade máis personalizada, fixemos varios recunchos de lectura espallados por todo o centro, aos que se dirixiron os voluntarios e voluntarias cos seus apadriñados.  

 Aos máis pequenos encantoulles a experiencia de saír da aula ou da biblioteca, que é onde adoitamos realizar as lecturas compartidas. 


 



viernes, 13 de enero de 2023

                            lecturas de inverno

Para animar ao noso alumnado a ler e visitar a nosa biblioteca facemos 

periodicamente unha pequena selección de lecturas que expoñemos no hall de entrada, aproveitando datas sinaladas. 

Este é un exemplo que fixemos para recomendar lecturas para estes días de inverno.

Pero hai moito máis na nosa biblio. Así que non perdas a ocasión de visitarnos.
 


martes, 20 de diciembre de 2022

 Visita á residencia da terceira idade "A Carballa" 

O alumnado de 5º e 6º de Primaria que colabora no programa de Bibliotecas Solidarias, visitou a Residenca A Carballa, en Bóveda, e presentou un repertorio de panxoliñas. 


Non queremos deixar pasar a ocasión para lle agradecer ao alumnado voluntario a súa colaboración, así como á mestra Ana, de música, polo traballo realizado. 



lunes, 19 de diciembre de 2022

           🎄🎄🎅  BO NADAL!    🎅🎄🎄

Coma en anos anteriores, aproveitamos esta data para facer unha serie de recomendacións lectoras para animar á lectura, aproveitando estes días de lecer. 

Ademais usamos libros recentemente expurgados para decorar o "hall" da biblioteca e desexarvos a todos un bo Nadal. 



jueves, 1 de diciembre de 2022

Novembro, mes da ciencia na biblio🔬🔭📡📐💻

Durante o mes de novembro utilizamos a nosa biblioteca para expoñer unha chea de traballos de ciencia que fixo o noso alumnado de todas as idades. 

Aquí tedes unha pequena mostra:

Os nenos e nenas de 5º curso fixeron unha exposición sobre o tema que estaban a traballar na aula: 


O alumnado de 6º realizou varios traballos de ciencias sociais que tamén nos cederon para lles ensinar ao resto do colexio: 


O alumnado da ESO, aportou unha orixinal manualidade para expoñer os elementos da táboa períodica en forma de árbore: 


Desde a aula específica aportaron varios traballos STEM: desde un simulador de microscopio, ata un esquema do aparato respiratorio.


Outros traballos que realizaron os alumnos: 



Ademais de utilizar a biblioteca como lugar central de mostra dos traballos realizados durante o mes da ciencia, tamén a utilizamos como lugar de encontro para facer exposicións orais dos traballos que fixeron nas aulas. 

Velaquí temos unha investigación moi concienzuda sobre as constelacións que realizaron os alumnos de 5º e que posteriormente traballaron na biblioteca cun simulador de constelacións, no que tiñan que encontrar o que lle ía indicando a súa titora: 



NORABOA A TOD@S POLO TRABALLO REALIZADO!!!👏👏👏

miércoles, 30 de noviembre de 2022

Primeros auxilios na biblio. 💉💊🔬

Ante o éxito que tivo o obradoiro de primeiros auxilios o curso anterior, este ano decidimos repetir a experiencia. 

O obradoiro consistiu nunha parte teórica, na que se avalían os coñecementos previos do alumnado, e outra parte práctica na que os nenos e nenas realizan as técnicas que están a aprender: vendaxes, colocación en posición de seguridade, RCP, tratamento de queimaduras...


 

lunes, 28 de noviembre de 2022

25-N

 O 25  de novembro celebramos os día da non violencia contra a muller.  

Desde a biblioteca elaboramos un mural para colocar na entrada do centro e aproveitamos a nosa árbore de mulleres Bravx da nosa historia.

Tamén propuxemos unha chea de actividades reivindicativas para este día, que quedaron expostas por todo o centro escolar. 


Pero ademais, o noso alumnado tamén quixo participar activamente nesta xornada como mostran as imaxes.