miércoles, 18 de abril de 2018

CHARLA NA NOSA BIBLIOTECA SOBRE A UNIVERSIDADE

Onte visitounos un membro da USC, Francisco Javier López González, coordinador do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" no campus de Lugo.
Este programa ten como obxectivo dar a coñecer a oferta académica ao potencial alumnado universitario, que non é outro que o noso alumnado actual.


PREPARANDO O DÍA DO LIBRO

Reunido o equipo da biblioteca decidimos presentar ao claustro e poñer en marcha as seguintes actividades:
-Continuación na ESO do Gran Libro de Aventuras de Faildiño, iniciado o curso pasado en Infantil e Primaria.
-Confeción dunha caixa de comprimidos de Lecturina Forte, medicamento contra a ignorancia, onde cada alumno e alumna recomendará un libro.
-Poñer en práctica unha campaña de Save the Children para coñecer os biblioburros nos paises menos denrolados. Contando contos na biblioteca, vendo o libro no ordenador e realizando actividades propostas na súa guía didáctica. A ONG agasallounos con marcapáxinas para todo o alumnado.

CLUBs DE LECTURA


Algúns dos traballos realizados polo alumnado dos diferentes clubs de lectura de Primaria.

miércoles, 11 de abril de 2018

PREPARANDO A VISITA Á GARDERÍA DO ALUMNADO SOLIDARIO

O alumnado solidario elexíu para a ocasión o conto na biblioteca. Agora deberán preparalo para a semana que vén , no espazo da biblioteca ensaiaremos estes contacontos, engadindo algún instrumento musical e alguna poesía recitada.
A visita que estaba programada para este trimestre está á espera de concretar co persoal de dita gardería.

miércoles, 21 de marzo de 2018

DÍA DA POESÍA, da árbore e do síndrome de Down

Hoxe 21 de marzo celebramos este día cun cartel alusivo e a exposición de libros dos fondos da nosa biblioteca e un poema de Gloria Fuertes co significado de POESÍA

 Creamos poemas e recitámolos pola outras clases. Isto é un exemplo:


                                                POESÍA DO ALUMNADO DE 4ºB
Os alumnos de cuarto
Fixemos unha poesía
Para celebrar
Que hoxe é un gran día.        
                                                                  Hoxe ímonos converter
                                                                  Todos en poetas,
                                                                  Un anaquiño Rosalía
                                                                  Outro Manuel María.
Comezou a primavera
Xa nacen as flores
E o que branco era
Cúbrese con bonitas cores.
                                                                  O frío xa marcha
                                                                  O bo tempo vai vindo
                                                                  Os paxaros regresan
                                                                  Cun piar moi lindo.
Todos xuntiños                         
Moi concentradiños
Recitamos con alegría
Esta fermosa poesía.                            Agora tócavos a vós
                                                                 Convertervos en poetas,
                                                                 É sinxelo e divertido
                                                                 E está cheo de sorpresas.
Como Día da Árbore tivemos unha conferencia de un garda forestal que ademáis nos vai traer a Juan José Ballesta, home que viviu 12 anos entre lobos e o documental que conta esa experiencia.
E como Día do síndrome de Down intercambiamos calcetíns para levalos diferentes.

viernes, 9 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER. EXPOSICIÓN DE FORGES




O alumnado de Cultura Clásica da ESO traballou o tema do Día da Muller co legado que nos deixou o recentemente falecido Forges e as súas tiras cómicas. A exposición poderá verse no corredor de Secundaria. O profesorado de Primaria (últimos cursos) poderá levar aos seus alumnos a visitar dita exposición.


Tamén os cursos de Secundaria e 6º de Primaria investigaron sobre a matemática Sophie Germain
elaborando despois manualidades sobre a súa investigación.
 

viernes, 2 de marzo de 2018

CAMIÑO DE SANTIAGO

O alumnado de 5º de Primaria investigou sobre o tema durante esta avaliación: significado, orixe, lendas, documentación, vestimenta, motivos para facelo...  O resultado amosáronllo a outros alumnos e alumnas do centro na biblioteca. Non hai sitio mellor! Todos explicaron o seu traballo de investigación, que sabían de memoria.
Este traballo quedará exposto nos taboleiros dos corredores e algunha lenda recollida será publicada na revista "Furafollas" a final de curso.