Onte visitounos un membro da USC, Francisco Javier López González, coordinador do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" no campus de Lugo.
Este programa ten como obxectivo dar a coñecer a oferta académica ao potencial alumnado universitario, que non é outro que o noso alumnado actual.
miércoles, 18 de abril de 2018
PREPARANDO O DÍA DO LIBRO
Reunido o equipo da biblioteca decidimos presentar ao claustro e poñer en marcha as seguintes actividades:
-Continuación na ESO do Gran Libro de Aventuras de Faildiño, iniciado o curso pasado en Infantil e Primaria.
-Confeción dunha caixa de comprimidos de Lecturina Forte, medicamento contra a ignorancia, onde cada alumno e alumna recomendará un libro.
-Poñer en práctica unha campaña de Save the Children para coñecer os biblioburros nos paises menos denrolados. Contando contos na biblioteca, vendo o libro no ordenador e realizando actividades propostas na súa guía didáctica. A ONG agasallounos con marcapáxinas para todo o alumnado.

miércoles, 11 de abril de 2018
PREPARANDO A VISITA Á GARDERÍA DO ALUMNADO SOLIDARIO
O alumnado solidario elexíu para a ocasión o conto na biblioteca. Agora deberán preparalo para a semana que vén , no espazo da biblioteca ensaiaremos estes contacontos, engadindo algún instrumento musical e alguna poesía recitada.
A visita que estaba programada para este trimestre está á espera de concretar co persoal de dita gardería.
A visita que estaba programada para este trimestre está á espera de concretar co persoal de dita gardería.
miércoles, 21 de marzo de 2018
DÍA DA POESÍA, da árbore e do síndrome de Down
Hoxe 21 de marzo celebramos este día cun cartel alusivo e a exposición de libros dos fondos da nosa biblioteca e un poema de Gloria Fuertes co significado de POESÍA
POESÍA DO ALUMNADO DE 4ºB
Os alumnos de
cuarto
Fixemos unha poesía
Para celebrar
Que hoxe é un gran
día.
Hoxe ímonos converter
Todos en poetas,
Un anaquiño Rosalía
Outro Manuel
María.
Comezou a primavera
Xa nacen as flores
E o que branco era
Cúbrese con bonitas
cores.
O frío xa marcha
O bo tempo vai vindo
Os paxaros regresan
Cun piar
moi lindo.
Todos xuntiños
Moi concentradiños
Recitamos con
alegría
Esta fermosa
poesía. Agora tócavos
a vós
Convertervos
en poetas,
É sinxelo e divertido
E está cheo
de sorpresas.
Como Día da Árbore tivemos unha conferencia de un garda forestal que ademáis nos vai traer a Juan José Ballesta, home que viviu 12 anos entre lobos e o documental que conta esa experiencia.
E como Día do síndrome de Down intercambiamos calcetíns para levalos diferentes.viernes, 9 de marzo de 2018
DÍA DA MULLER. EXPOSICIÓN DE FORGES
O alumnado de Cultura Clásica da ESO traballou o tema do Día da Muller co legado que nos deixou o recentemente falecido Forges e as súas tiras cómicas. A exposición poderá verse no corredor de Secundaria. O profesorado de Primaria (últimos cursos) poderá levar aos seus alumnos a visitar dita exposición.
Tamén os cursos de Secundaria e 6º de Primaria investigaron sobre a matemática Sophie Germain
elaborando despois manualidades sobre a súa investigación.
viernes, 2 de marzo de 2018
CAMIÑO DE SANTIAGO
O alumnado de 5º de Primaria investigou sobre o tema durante esta avaliación: significado, orixe, lendas, documentación, vestimenta, motivos para facelo... O resultado amosáronllo a outros alumnos e alumnas do centro na biblioteca. Non hai sitio mellor! Todos explicaron o seu traballo de investigación, que sabían de memoria.
Este traballo quedará exposto nos taboleiros dos corredores e algunha lenda recollida será publicada na revista "Furafollas" a final de curso.
Este traballo quedará exposto nos taboleiros dos corredores e algunha lenda recollida será publicada na revista "Furafollas" a final de curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)