Ao longo destas semanas tivo lugar un taller contra a violencia de xénero que culminará coa elaboración dun grafiti nunha parede exterior do colexio.Tamén se realizaron carteis e murais en diferentes clases. A biblioteca foi un dos lugares onde se realizaron eses carteis ou pancartas xigantes.Para o día 25 están previstas estas accións:
-Visita do director de curtametraxes David Fidalgo Omil para contarnos a súa vida como creador e un trailer sobre a súa última obra.
-Lectura dun manifesto.
-Cantamos a Rozalén.
-Participamos nun grafiti coa imaxe de Clara Campoamor co grafiteiro Enrique Gistau.

Do libro "Rosa Caramelo"













