viernes, 19 de noviembre de 2021

COLABORACIÓN CON "VOZ NATURA"

Como en anos anteriores, o noso centro segue a participar no proxecto "Voz Natura" para acondicionar os espazos naturais do centro ao mesmo tempo que se lle inculca aos rapaces o respecto e amor á natureza.

  

Neste curso o alumnado de 3º de primaria será o encargado de acondicionar o xardín anexo á nosa biblioteca.

No primeiro trimestre realizaron labores de limpeza e deixaron o xardín preparado para posteriores plantacións.

Moitas grazas a todos polo voso traballo!!!

 
 

lunes, 15 de noviembre de 2021

            MAGOSTO

Un ano máis, desde a biblioteca animamos á realización de diversas actividades relacionadas co magosto, unha festividade de grande raigame na nosa zona. Para iso, quixemos ambientar a biblioteca, e decoramos tanto a porta como o hall que está a carón da mesma. 

Ademais, puxemos á disposición da comunidade educativa os fondos existentes na biblioteca, así como os ordenadores, que os nenos utilizaron para buscar información e realizar todo tipo de consultas. 

Por último, expuxemos na biblioteca os traballos realizados polo alumnado, que está a disposición de todos para que o poidades ver cando queirades.  


 

  

martes, 2 de noviembre de 2021

CHEGOU O SAMAÍN 

O Samaín é unha das datas que celebramos por todo o alto no noso colexio e este ano non ía ser menos a pesar das restriccións. 

Desde o equipo de biblioteca, propuxemos unha actividade de investigación sobre varios personaxes de terror pertencentes á tradición oral galega: as meigas, a santa compaña, o urco, o home do saco, a lavandeira da noite, o lobisome, as serpes, os trasnos, os mouros e as mouras. Cada clase escolleu un dos personaxes para facer un pequeno traballo de investigación en grupo e preparou unha breve exposición oral e, ademais, cada aula decorou a porta co personaxe escollido. A biblioteca tamén puxo á disposición dos distintos grupos tanto os fondos que temos sobre o tema, como os ordenadores para buscar infomación. 

 O día do Samaín, o alumnado foi rotando polas distintas aulas para falar do personaxe que lles tocou e facer partícipe ao resto do colexio da súa investigación. 

Así quedaron as portas do cole: 

Esta é unha pequena mostra das exposicións orais que realizaron os nosos alumnos e alumnas:

Nos días previos decoramos o hall e a biblioteca para ir ambientando o centro e colaborar co resto das aulas.

Ademais diso, o día do Samaín, houbo varias sesións de contacontos na biblioteca para os máis pequenos, que aproveitaron a ocasión para disfrutar dos contos que seleccionamos para eles coa temática propia desta data.


lunes, 25 de octubre de 2021

24 de outubro, día das bibliotecas escolares.

Nesta data tan especial para nós, fixemos unha "reinauguración" da nosa biblioteca, para celebrar que este ano de novo podemos voltar a facer uso dela. 

Tamén aproveitamos este día tan especial para poñer en circulación a nosa mochila viaxeira, que coma en anos anteriores, leva un libro en galego, un libro en castelán, un libro temático e un xogo para que poidades disfrutar en familia. Esperamos que vos guste!!!


 

 

viernes, 15 de octubre de 2021

HORARIO DE EMPRÉSTITO. 

No presente curso escolar, teremos que seguir a manter os grupos burbulla á hora de visitar a nosa biblioteca. Por ese motivo, os distintos grupos teñen asignado un recreo á semana para que poidan realizar os empréstitos e dovolucións dos fondos. Ademais, o día asignado poden utilizar libremente a biblioteca para ler, usar os ordenadores, xogar, buscar información, etc.

Este é o horario: 



 

 

jueves, 14 de octubre de 2021

Recunchos e máis recunchos! 

A biblioteca escolar é un ezpazo para ler, investigar e traballar, pero tamén é un sitio marabilloso para relaxarse, falar e xogar. E por iso fixemos distintos recunchos que favorezan a realización de todas estas actividades.

Recunchos para ler e traballar.

Zona de ordenadores.
Zona para relaxarse, ler e falar.

Recuncho de xogos. 

Zona para o material audiovisual.

Recuncho de prensa, revistas e traballos de consulta.
 
Zona de novidades.


 


 

 Novos carteis.

Estes son os novos carteis para sinalizar os fondos e axudarvos a encontrar máis facilmente os libros que buscades.