Charla ENKI
o venres 30 de xaneiro o noso alumnado de 5º de primaria asistiu a unha charla na nosa biblioteca a cargo de varios compoñentes da asociación ENKI, que lles viñeron falar das dificultades que atopan na súa vida diaria debido á súa discapacidade e de cómo a práctica do deporte os axuda a superar os atrancos que van topando no camiño e os beneficios que lles reporta a súa práctica tanto a nivel físico como psicolóxico.
















