viernes, 23 de abril de 2021

 23 de abril, día do libro.

Neste día tan especial, o noso voluntariado de biblioteca preparou un conto para lles ir ler aos máis pequenos. 

Valeria e Edyan foron a 4º de Infantil a ler o conto: Un vampiro peligrozo.

 

 


A Gara e Valentino tocoulles ir a 5º de Infantil para ler: Un lobo con mucha hambre.
 

 Lúa e Mateo  visitaron 6º de Infantil para contarlles: El pedo más grande del mundo.
   

        
                                                                                                                 
   Mamadou e Gael foron os encargados de ir a 1º de primaria para lerlles: La ovejita que vino a cenar. 
 
  
 
                                                                                    
A 2º de primaria, foron Aroa e Roi, que leron: No abras este libro.
 
 
Xian e Cecilia leron o conto Feroz, o lobo en 3º de primaria.   
 
 
O resto do alumnado do cole fixo a portada do seu libro favorito, que aproveitamos posteriormente para expoñer no hall do colexio.


jueves, 22 de abril de 2021

 PROXECTO "BICHIÑOS"

Sarela, Daniela e Mounir, que forman parte do voluntariado da nosa biblioteca, acudiron recentemente a Infantil, para lles levar unha selección de libros da biblioteca que lles servirán de consulta para o proxecto que están a realizar nesta avaliación: "os bichos".

Pero ademais dos libros, leváronlles una sorpresa: uns vermes de seda xunto coa súa casiña, para que vexan de primeira man o proceso da metamorfose. 

Tamén colocaron os libros de consulta, xunto cos vermes, nun recuncho do hall de Infantil, para que tod@s @s nen@s poidan seguir diariamente a súa evolución. 

Por último, os maiores de Infantil saíron ao areeiro onde teñen a grande sorte de ter unha moreira para coller comida para os vermes. 




viernes, 12 de marzo de 2021

Semana da prensa.

Do 8 ao 12 de marzo, celebramos a semana da prensa. O equipo de biblioteca propuxo distintas actividades para realizar nas aulas usando os periódicos como principal recurso. As actividades están adaptadas a cada nivel para que tod@s puideran participar. 

Os máis pequenos traballaron con letras recortadas para elaborar o seu propio cartel sobre novas relacionadas co proxecto no que están a traballar: o espazo. 

Aproveitando que a semana da prensa coincidiu coa celebración do día da muller, os maiores de primaria seleccionaron as novas relacionadas coa muller para posteriormente elaborar unha escolma coas noticias que máis lles interesaron. 




Tamén fixeron exposicións na aula:


E incluso elaboraron carteis nos que facían un estudo comparativo das novas relacionadas coa muller nas diferentes seccións dos periódicos. 




miércoles, 24 de febrero de 2021

 Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celebramos o "Día de Rosalía de Castro 2021".

Desde o equipo de biblioteca aportamos todo o material de que dispoñemos para que as 

distintas clases escolleran un poema para realizar un traballo que posteriormente se expuxo no

 taboleiro principal do centro. 

 


 

 EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO











                                        ALBORADA

         

                                      CAMPANAS DE BASTABALES                                                                


                                              

                                       CASTELLANOS DE CASTILLA

                                                

                                        QUÍXENTE TANTO MENIÑA

                                                

                                    NACÍN CANDO AS PRANTAS NACEN

                                                        

                                        MIÑA SANTIÑA, MIÑA SANTASA


                                       NINFA DAS FRESCAS AUGAS


                                        MESES DE INVERNO FRÍOS


                                        VENTE RAPAZA


                                         ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES


OS NENOS E NENAS TAMÉN FALARON DE ROSALÍA.



viernes, 29 de enero de 2021

Día da paz. 

Para celebrar o "Día da paz", desde o equipo de biblioteca solicitamos a colaboración dos voluntarios de 6º curso para lles ir ler aos pequenos de infantil un conto relacionado coa temática da paz.




Sabela e Xurxo foron os voluntarios encargados de ir a infantil para contarlles o conto "As árbores da Paz"




Por último, cada neno de infantil sementou a súa planta da paz para crear un xardín pola paz dentro do programa de Voz Natura. 





lunes, 21 de diciembre de 2020

 FELICITACIÓN NAVIDEÑA

Coma todos os anos, desde o equipo da biblioteca queremos desexarvos un bo nadal a tod@s. 



lunes, 30 de noviembre de 2020

Novembro mes da ciencia. 

Cada vez ponse máis de manifesto a importancia que ten a ciencia para o noso benestar e o desenvolvemento da nosa sociedade. De ahí a importancia de tentar espertar o interese do noso alumnado polas cuestións científicas. 

Desde a biblioteca sempre realizamos unha selección de libros sobre materia científica, que poida resultar de interese para @s nos@s nen@s, especialmente aqueles que propoñen experimentos e actividades de tipo manipulativo, que é o que máis lles gusta a estas idades. 

Estes son algúns dos traballos científicos que se realizaron: