sábado, 25 de enero de 2020

PREPARANDO O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O centro celebrará este día cunha actividade conxunta na que traballaremos por equipos o que se chamará "O arquipélago das emocións": cada aula será unha illa na que os diferentes accidentes xeográficos reflectirán as súas emocións. Secundaria escribirá un manifesto para ler ese día, Primaria preparará a canción de "Quérote máis" dos ourensáns Sonoro Maxín e o alumnado de Infantil elaborará medios de transporte (Capitán Empatía) que axudan na viaxe de illa a illa.
O Equipo de Biblioteca exporá fondos bibliográficos na entrada do centro para que ninguén se poida perder ningún detalle.

lunes, 13 de enero de 2020

NOVO ANO, NOVAS IDEAS

Con este novo ano tan redondo, 2020, xurden novas ideas para realizar dende a biblioteca:
-Catalogar os exemplares adquiridos coas axudas ao STEAM e contra a violencia machista.
-Confecionar carnés para un bo número de incorporacións novas (sete alumn@s).
-A próxima celebración será o Día da Paz, actuaremos con exposición de libros con esta temática.
-Día de Rosalía, Entroido...
-Incorporación do libro confecionado polo EDLG cos cómics, narracións e debuxos sobre "Que medo: o cambio climático!"
-É o ano de Carvalho Calero, o autor de "Scorpio" do que temos un exemplar ben antigo. Idearemos algo que facer con esta obra e o seu galego reintegacionista.
...

viernes, 20 de diciembre de 2019

FELICITACIÓN NAVIDEÑA

A felicitación para este Nadal xurdíu do cartel enviado polo Equipo  de Bibliotecas Escolares a primeiros de curso, del fixemos unha árbore de Nadal recortando as diferentes escenas que representaban os diferentes espazos da biblioteca escolar.

VISITA DO APALPADOR

Xa pola tarde do último día de clase chegou o Apalpador. Anxo Moure, vello coñecido deste cole agasallounos coa súa presenza e coa do seu borriquiño. Contounos a súa historia e de como o Apalpador do Courel chegou a ser o Papá Noel despois de emigrar e chegar por error ata Laponia.
Rematou cun alegato ecoloxista para a protección das nosas árbores, fragas, rios e mares para loitar así contra o cambio climático.


 

VISITA Á RESIDENCIA DE MAIORES

O voluntariado solidario, que cada ano que pasa é máis numeroso, preparou lecturas, unha obra de teatro e panxoliñas para os maiores desta residencia, a máis perto do colexio e do mesmo concello.

Coma sempre unha experiencia inesquecible.

RECOMENDACIÓNS PARA LER NO NADAL

No panel expositor da entrada do colexio expuxemos obras recomendadas polo alumnado voluntario da biblioteca. Eles mesmos decidiron recomendar as máis divertidas.

Decoramos o noso espazo cunha árbore de Nadal a tartires  dun cartel

miércoles, 18 de diciembre de 2019

CARTAS AO APALPADOR

É  a hora de pedir os nosos desexos para estas festas. Puxemos a figura do Apalpador á entrada da biblioteca e un modelo de carta que poden pedir para escribir ou debuxar os seus desexos.

Tamén intercambiamos felicitacións co colexio de Salvaterra do Miño, como no ano anterior. Todas a sclases de Infantil e Primaria confecionaron unha felicitación.