lunes, 24 de junio de 2019
viernes, 21 de junio de 2019
REVISTA FURAFOLLAS
Este curso decidíuse que fora totalmente dixital, así que somente se imprimirá un exemplar para a biblioteca e colgarase na páxina web do centro como en anos anteriores.
jueves, 30 de mayo de 2019
DEIXAMOS INTERNET E EMPEZAMOS A FACER
Seguindo a estela de Antón Fraguas invetigamos o noso patrimonio cultural.
Nun traballo de investigación alumnado de 6º de Primaria atoparon moitas curiosidades:
moedas antigas, instrumentos musicais feitos con cousas sinxelas (noces, herbas, follas...), xogos dos seus avós...
Máis tarde ensinaron os seus descubrimentos aos máis pequenos.
"Deixamos internet e empezamos a facer" é o lema que propuxo unha alumna deste curso.

Nun traballo de investigación alumnado de 6º de Primaria atoparon moitas curiosidades:
moedas antigas, instrumentos musicais feitos con cousas sinxelas (noces, herbas, follas...), xogos dos seus avós...
Máis tarde ensinaron os seus descubrimentos aos máis pequenos.
"Deixamos internet e empezamos a facer" é o lema que propuxo unha alumna deste curso.

viernes, 24 de mayo de 2019
VISITA A NOSA BIBLIOTECA ROSARIO DUEÑAS
Esta ourensana campiona de España de natación ofreceunos unha charla moi interesante sobre o poder de superación dunha persoa que sofre o accidente que ela sufríu. O alumnado quedou impresionado co seu relato.
miércoles, 15 de mayo de 2019
LETRAS GALEGAS
Xogando a ser Antón Fraguas
Elaboráronse murais xa pola época do Entroido onde traballou todo o alumnado do centro (agás Infantil). Agora a través dunha xincana de investigación buscaremos polo recinto escolar para resolvela, tamén usaremos a exposición sobre o autor.

Elaboráronse murais xa pola época do Entroido onde traballou todo o alumnado do centro (agás Infantil). Agora a través dunha xincana de investigación buscaremos polo recinto escolar para resolvela, tamén usaremos a exposición sobre o autor.

CANTAR DE CEGO
sobre ANTÓN FRAGUAS
Ímosvos
contar a historia
deste
gran estudoso
que
pasou a vida enteira
Comeza
a vida en Cotobade
decembro
do 1905,
cando
o ano rematababa
vén
ao mundo este meniño.
O
neno medrou xogando
polos
campos de millo,
nos
prados sempre verdes
regados
polo seu rio.
Fillo
dun pai canteiro
e
dunha nai labrega
a
nosa fala galega.
Cando
tiña doce anos
a
familia decide emigrar
e
que antes da partida
a
Vigo ha de ir traballar.
Mais
algo veu a acontecer
coas
fadas do destino
e
un mestre da súa escola
levouno
por outro camiño.
O
mestre convence aos pais
de
que estudase aquí
unha
“carreiriña” curta
antes
de ir ao Brasil.
No
Instituto Xeral Técnico
entra
xa en Pontevedra
e
alí remata os estudos
para
ser mestre de veras.
O
amor pola súa terra
e
os traballos que realizou
foron
por estar a carón
doutros
mestres de paixón.
De
Castelao aprendeu debuxo,
de
Losada Diéguez as ideas
e
doutros o rebulir no peito
do
verme da súa terra.
Cando
chega a Compostela
para
estudar Filosofía
queda
pronto namorado
da
cidade que o atraparía.
Alí
coñeceu compañeiros
e
con eles comezou a escribir
un
dicionario galego
con
palabras do seu vivir.
Nas
Irmandades da Fala
e
no Seminario de Estudos
con
Risco, Otero e Cuevillas
estivo
o noso historiador.
Foi
mestre en A Estrada
onde
co seu alumnado
visitaba
mámoas e castros
e
patrimonio irlle ensinando.
Pronto
chegou a guerra,
do
ensino foi apartado,
regresa
no ano cincuenta
a
Lugo de catedrático.
Máis
tarde sería doutor
pola
universidade madrileña
director
do Museo do Pobo
e
por fin volta a Compostela.
Escribiu
sobre costumes,
cultura,
historia e xeografía,
en
xornais e revistas,
e
libros de etnografía.
Aquí
remata esta historia
que
é a historia dun estudoso
nado
nunha familia humilde
e
que chegou a ser famoso.
Fraguas,
un galego de ben,
antropólogo
e profesor,
director,
cronista, arquiveiro,
xeógrafo
... historiador.
-Debuxo-caricatura
no Panel de Homenaxeados.
-Exposición
da vida e obra de Antón Fraguas.
-Confeción
dun Cantar de Cego sobre o autor.
-Exposición
etnográfica do Entroido en Galicia elaborada polo alumnado do centro
de 1º de Primaria ata 4º da ESO. Emulando o estudo do Entroido que
fixo Antón Fraguas.
-Xincana
con preguntas sobre vida e obra do autor e sobre o Entroido.
-Exposición
na Biblioteca dos libros do e sobre o autor homenaxeado.
-Elaboración
da revista “Furafollas”
-Contacontos
en galego para Infantil (14 de maio)
-Investigación etnográfica sobre o meu lugar emulando a Antón Fraguas.
O
XOVES 16 e MARTES 21 de MAIO
-Inauguración
do Banco do Carballo (aportación da Biblioteca ao proxecto de Voz
Natura) onde se creará un espazo de lectura na natureza.
-Neste
mesmo lugar cantarase o Cantar de Cego.
-Interpretarase
tamén aquí “O casamento da pulga”, un conto tradicional
recollido por Antón Fraguas nun das súas múltiples investigacións.
-Audición
de “Os Graxos” (programas de radio) na biblioteca. Debuxalos
alí.
martes, 7 de mayo de 2019
EDUCACIÓN VIAL
A nosa biblioteca foi escenario das charlas sobre Educacuón Vial. Os cursos de 1º.2º,3º e 4º de Primaria primeiro recibiron a charla na biblioteca, logo foron pasando por diferentes zonas do centro para facer recorridos coas súas bicicletas, monopatíns..., ver o funcionamento dos vehículos de Protección Civil e da Garda Civil.


martes, 23 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
Para celebrar esta data programamos dúas actuacións de contacontos:Unha para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria co contacontos Anxo Moure que xa había tempo que non nos visitaba.
A outra para o resto da Educación Primaria no auditorio de Coles co espectáculo de maxia e a historia de Marco Polo.
En Secundaria rematarán o Gran Libro de "As viaxes de Faildiño" xa escomenzado o curso anterior.
Marcapáxinas con poemas e libros de contos para os máis pequenos foron outras actividades desenvolvidas con motivo desta conmemoración.








Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















