martes, 29 de mayo de 2012

Concurso As preguntas encadeadas

1ª pregunta:

Iniciamos o concurso enlazando coa solución a última pregunta do ano pasado: Alejandría. O fundador desta cidade foi educado por un famoso filósofo grego. Como se chamaba ese filósofo?


4º edición Concurso As preguntas encadeadas

Convocamos unha nova edición do concurso "As preguntas encadeadas". As bases son as seguintes:
1) Poderán participar todos os alumnos da ESO e os de 6º de Primaria.
2) O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na biblioteca.
3) Os participantes deberán contestar catro preguntas.
4) Cada luns publicarase no blog Abibliodecambeo unha pregunta e tamén se exporá na entrada da biblioteca.
5) As solucións anotaranse en impresos que se atopan nabiblioteca. O prazo de entrega remata o venres de    cada semana.
6) Hai que constestar obrigatoriamente as cinco preguntas porque cada unha dá a clave para responder a seguinte.
7) Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.

miércoles, 10 de agosto de 2011

Concurso "As preguntas encadeadas"




Resposta á 5ª e última pregunta:


Marco Antonio e Cleopatra suicidáronse na cidade de Alejandría, que posúe as seguintes coordenadas xeográficas: 31º11´N 29º55´E.


Noraboa aos tres gañadores: Miguel López, Miguel Rodríguez e Paz Quintas.






lunes, 20 de junio de 2011

Un bosque moi literario

No vídeo tedes imaxes do que queda da fraga de Cecebre, bosque onde Wenceslao Fernández-Flórez ambienta a súa novela El bosque animado.

viernes, 10 de junio de 2011

Colaboradores - Biblioteca


Hoxe no recreo fixemos entrega aos colaboradores da biblioteca ( Adrián González, Andrea Cao, Brais Fernández, Andrea López, Andrea Rodriguez, Sandra Caíña, Celia Guzmán, Laura González e Nerea Rodriguez) duns agasallos, para agradecerlles a súa colaboración durante todo o curso escolar.
Ordenaban os libros e colocábanos nos andeis, selaban libros...

Esperamos que o vindeiro curso sigades colaborando coa biblioteca.