miércoles, 2 de noviembre de 2022

         conxuro máxico na biblioteca. 

Para rematar a nosa celebración de Samaín na biblioteca, fixemos un conxuro máxico cuns ingredientes un tanto especiais, xa que necesitamos unhas cantas partes do corpo dunha bruxa, para que o noso conxuro tivera o seu efecto. 


Imos ver se funcionou. 




  concurso de relatos de terror.

Seguindo o lema das bibliotecas escolares deste ano: "escribir a biblioteca escolar" , fixemos un concurso de relatos de terror. O día de Samaín o alumnado gañador contoulle os seus ralatos ao resto dos compañeiros.



















Estes foron os relatos elexidos: 

"A cabaza maldita", escrito por Nico, de 3º de primaria: 


"Una noche inolvidable", escrito por Erea, de 3º de primaria:
 

"As ratas asasinas", escrito por Roi e Alejandra, de 4º de primaria: 


"Historia dun castelo", escrito por Enya e Izan, de 4º de primaria:


"Laughing Jack", escrito por Amine, de 5º de primaria: 



"Unha noite de Samaín", escrito por Manu, de 5º de primaria: 

"Encontreite", escrito por Marco, de 6º de primaria: 


"A moza paranormal", escrito por Anxo, de 6º de primaria: 


"O bosque tenebroso", escrito por Xandre, de 6º de primaria. 



Moitas grazas aos narradores e, por suposto, a todos os que participastes no concurso,👏👏👏👏


miércoles, 26 de octubre de 2022

 lecturas recomendadas para samaín

Samaín é un dos días grandes do noso colexio e, como non podía ser doutra maneira, na nosa biblioteca tamén o celebramos por todo o alto. 

Para comezar, fixemos unha selección de libros recomendados sobre a temática para decorar o "hall" da biblioteca. 

Esperamos que sexan do voso agrado! 

martes, 25 de octubre de 2022

        DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.



O 24 de outubro

 celebramos 

o día das bibliotecas

 escolares. 









Quixemos implicar ao noso alumnado neste día tan especial, realizando unha votación coas súas suxestións para mercar fondos para a nosa biblioteca: dende títulos de libros que boten en falta, ata novos xogos, material audiovisual, coleccións...

Realizamos as votacións en dúas quendas, unha para primaria: 



E outra para secundaria: 


Ademais fixemos unha xornada de portas abertas na que o noso alumnado podía acceder á biblioteca en todos os momentos de lecer ao longo do día, para realizar as actividades habituais ademais de varias manualidades que tiñamos preparadas para eles (marcapáxinas e pulseiras). 


Como nos anteriores cursos, aproveitamos esta data para iniciar a andaina das nosas mochilas viaxeiras.


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!😄😄😉



viernes, 21 de octubre de 2022

 CHARLAS DE FACENDA: a onde van os nosos impostos?

No mes de outubro, o alumnado de 5º e 6º de primaria mailo alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO asistiron a unha charla na nosa biblioteca sobre o destino que levan os impostos que pagamos como cidadáns. 



viernes, 30 de septiembre de 2022

 HORARIO DE BIBLIOTECA.

Velaquí tedes o horario de uso da biblioteca para este ano escolar. Lembrade que podedes facer uso dela sempre que queirades, xa que este ano non é necesario manter os grupos burbulla.



lunes, 19 de septiembre de 2022

                             BENVIDOS!!!

Este curso iniciamos a nosa andaina con boas novas, xa que por fin a nosa BIBLIOTECA volve á normalidade e podemos facer uso dela sen ningunha restricción

Todo  o noso alumnado pode acudir á biblioteca nos recreos e nas horas reservadas pol@s titor@s para acceder ao servizo de empréstito, xogar, facer uso dos ordenadores, charlar e, como non, ler e investigar