miércoles, 16 de marzo de 2022

 8-M: día da muller traballadora.

O 8 de marzo é un día moi especial para todos aqueles que loitamos para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Por iso, desde a biblioteca escolar, propuxemos unha serie de actividades para concienciar ao noso alumnado da necesidade de seguir a traballar en prol dos dereitos das mulleres que aínda quedan por acadar. 

Para comezar, realizamos a actividade: "A muller da miña vida", na que os/as nenos/as tiñan que debuxar a muller máis importante para eles, para despois realizar unha exposición dos traballos no "hall" do centro. 

Na actividade participau todo o noso alumnado, non soamente os maiores da ESO e Primaria, senón tamén os pequenos de Infantil: 

Estes é unha pequena mostra dos traballos que realizaron os/as alumnos/as con todo o seu agarimo:

 

 E así quedou a nosa exposición: 

 O alumnado da Eso recibiu a visita da árbitra ourensá de primeira división de fútbol feminino, Zuleima González,  que falou da problemática coa que se ten que enfrontar a diario nun mundo onde o machismo aínda se manifesta en actitudes tales como a fenda salarial que existe entre árbitros e árbitras da mesma categoría ou os insultos machistas que ten que escoitar a diario. 

Unha charla que nos recorda que, a pesar dos logros conseguidos, aínda queda un longo camiño que percorrer ata acadar unha igualdade plena entre os sexos. 

Moitas grazas por unha charla tan enriquecedora!!!

 

Ademais, non esquecemos a parte reivindicativa deste día. Velaquí tedes algúns dos carteis que elaboraron na ESO para a participación na manifestación que tivo lugar pola tarde.



martes, 15 de marzo de 2022

BRAVXS

 Ante a proximidade do 8-M, desde o equipo de biblioteca propuxemos realizar unha xincana aproveitando o material enviado pola universidade de  Vigo, que leva por título: "Mulleres Bravxs da nosa historia" e que ten como principal obxectivo poñer en valor o papel de absoluta relevancia de mulleres que destacaron en distintos eidos do saber: ciencia, matemáticas, tecnoloxía, literatura...

 Para realizar a xincana, colocáronse as tarxetas en distintas localizacións do colexio e repartiuselles aos alumnos e alumnas unha batería de preguntas que debían resolver no menor tempo posible. 

 Unha vez divididos os alumnos en grupos, debían ir polo centro buscando a     información requerida ata completar a información a modo de competición. A finalidade non era tan so completar as preguntas no menor tempo posible, senón tamén a exactitude á hora de elaborar as respostas. 

  A actividade resultou ser todo un éxito!!! 👏👏👏

 

 

jueves, 24 de febrero de 2022

Día de Rosalía.

O 23 de febreiro é unha data de especial relevancia no noso centro, xa que celebramos o aniversario da que é quizais a escritora máis relevante da nosa literatura. 

Seguindo o lema escollido este ano polas bibliotecas escolares: "A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA", quixemos darlle relevancia ao recitado de poemas ademais dos traballos escritos sobre a autora, polo  que propuxemos un poema para que recitara cada aula.. 

Velaquí tedes algún exemplo dos resultados:

"ALBORADA": 4º B de primaria.

 " AIRIÑOS, AIRIÑOS, AIRES": 4º A de primaria.

 

"NACÍN CANDO AS PLANTAS NACEN": 3º de primaria.

   "HAS DE CANTAR MENIÑA": 1º de primaria.  

 

"O MOUCHO": Infantil.


 

Ademais do recitado de poemas, tamén espuxemos na biblio os traballos que realizou o noso alumnado. 


 

Tamén aproveitamos que nesta semana celebramos o Entroido e incluímos unha máscara de Rosalía nos mandados do Faildiño, que propoñemos todos os anos desde a biblioteca:


 

E, por último, como non podería ser doutra maneira, fixemos a selección acostumada de libros para o uso do alumnado e profesorado na elaboración dos traballos: 



lunes, 21 de febrero de 2022

             ENTROIDO 

 Como xa é tradición no noso cole, o equipo de biblioteca encárgase de elaborar os "mandados do Faildiño", para ir quentando motores para o noso día grande no que facemos o desfile no patio. 

Cada día poñemos o cartel correspondente e imos vestindo a nosa mascota seguindo os mandados. 

Velaquí os nosos mandados. 

 




viernes, 11 de febrero de 2022

 11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro celebramos o "Día internacional da muller e da nena na ciencia" co fin de visibilizar o papel da muller nas profesións vinculadas á ciencia e investigación, tradicionalmente vinculadas a roles masculinos. 

Con tal motivo, fixemos unha escolma de libros que teñen como protagonistas a mulleres científicas de todos os tempos. E ademais fixemos exposición de traballos de distintos niveis educativos. 

Velaquí tedes unha pequena mostra do que fixemos: 

EXPOSICIÓN DE LIBROS E BIOGRAFÍAS: 

O ALUMNADO DE SECUNDARIA COMPLETOU A EXPOSICIÓN CON BIOGRAFÍAS DOUTRAS CIENTÍFICAS DA SÚA ESCOLLA: 

E TAMÉN REALIZARON UN MURAL SOBRE CIENTÍFICAS GALEGAS:

 

ADEMAIS EXPUXEMOS DATOS RELEVANTES PARA VISIBILIZAR AS DIFICULTADES QUE AÍNDA DEBEMOS SUPERAR PARA ACADAR UNHA IGUALDADE PLENA:

        

 

viernes, 4 de febrero de 2022

                     DÍA DA PAZ.

   Para conmemorar esta data tan especial, este ano fixemos un OBRADOIRO DE TEATRO cos voluntarios da biblioteca, que en lugar de lerlles contos aos máis pequenos nas súas aulas, esta vez representáronas diante do resto dos compañeiros do cole. 

    Escollemos dúas obras tituladas: "Unha mensaxe de paz" e "Os sete cabaleiros de cores", para transmitir os valores do diálógo e a colaboración para resolver os conflitos. 



 Animádevos a ver os vídeos!!! 😍

Os sete cabaleiros de cores.

 

Unha mensaxe de paz.


 Desde o equipo de biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión para agradecerlles aos nosos colaboradores a súa dedicación e esforzo. 👏👏👏💓

 

jueves, 3 de febrero de 2022

🎵🎶🎵🎶  Imagine 🎵🎶🎵🎶

 Polo día da Paz, os nenos de infantil fixeron un pequeno proxecto sobre o libro "Imagine", baseado no éxito de John Lennon, que hoxe por hoxe se  converteu nun himno pola paz e contra a non violencia. 

Despois de escoitar a canción e reflexionar sobre o seu significado, leron o libro para traballar con máis profundidade o tema da non violencia e fixeron unha manualidade sobre o mesmo. 



 O resultado final foi inmellorable!!! 😍😍