martes, 2 de noviembre de 2021

CHEGOU O SAMAÍN 

O Samaín é unha das datas que celebramos por todo o alto no noso colexio e este ano non ía ser menos a pesar das restriccións. 

Desde o equipo de biblioteca, propuxemos unha actividade de investigación sobre varios personaxes de terror pertencentes á tradición oral galega: as meigas, a santa compaña, o urco, o home do saco, a lavandeira da noite, o lobisome, as serpes, os trasnos, os mouros e as mouras. Cada clase escolleu un dos personaxes para facer un pequeno traballo de investigación en grupo e preparou unha breve exposición oral e, ademais, cada aula decorou a porta co personaxe escollido. A biblioteca tamén puxo á disposición dos distintos grupos tanto os fondos que temos sobre o tema, como os ordenadores para buscar infomación. 

 O día do Samaín, o alumnado foi rotando polas distintas aulas para falar do personaxe que lles tocou e facer partícipe ao resto do colexio da súa investigación. 

Así quedaron as portas do cole: 

Esta é unha pequena mostra das exposicións orais que realizaron os nosos alumnos e alumnas:

Nos días previos decoramos o hall e a biblioteca para ir ambientando o centro e colaborar co resto das aulas.

Ademais diso, o día do Samaín, houbo varias sesións de contacontos na biblioteca para os máis pequenos, que aproveitaron a ocasión para disfrutar dos contos que seleccionamos para eles coa temática propia desta data.


lunes, 25 de octubre de 2021

24 de outubro, día das bibliotecas escolares.

Nesta data tan especial para nós, fixemos unha "reinauguración" da nosa biblioteca, para celebrar que este ano de novo podemos voltar a facer uso dela. 

Tamén aproveitamos este día tan especial para poñer en circulación a nosa mochila viaxeira, que coma en anos anteriores, leva un libro en galego, un libro en castelán, un libro temático e un xogo para que poidades disfrutar en familia. Esperamos que vos guste!!!


 

 

viernes, 15 de octubre de 2021

HORARIO DE EMPRÉSTITO. 

No presente curso escolar, teremos que seguir a manter os grupos burbulla á hora de visitar a nosa biblioteca. Por ese motivo, os distintos grupos teñen asignado un recreo á semana para que poidan realizar os empréstitos e dovolucións dos fondos. Ademais, o día asignado poden utilizar libremente a biblioteca para ler, usar os ordenadores, xogar, buscar información, etc.

Este é o horario: 



 

 

jueves, 14 de octubre de 2021

Recunchos e máis recunchos! 

A biblioteca escolar é un ezpazo para ler, investigar e traballar, pero tamén é un sitio marabilloso para relaxarse, falar e xogar. E por iso fixemos distintos recunchos que favorezan a realización de todas estas actividades.

Recunchos para ler e traballar.

Zona de ordenadores.
Zona para relaxarse, ler e falar.

Recuncho de xogos. 

Zona para o material audiovisual.

Recuncho de prensa, revistas e traballos de consulta.
 
Zona de novidades.


 


 

 Novos carteis.

Estes son os novos carteis para sinalizar os fondos e axudarvos a encontrar máis facilmente os libros que buscades. 



miércoles, 13 de octubre de 2021

Expurgo e nova distribución de espazos. 

Por fin este ano recuperamos a nosa biblioteca escolar, que no curso pasado estivo a funcionar de comedor para os de infantil, polos motivos que xa todos sabedes.

Durante o mes de setembro e a primeira quincena de outubro mantivemos a biblioteca pechada, xa que decidimos redistribuír os espazos, para facer os fondos máis asequibles e fáciles de atopar, sobre todo para os máis pequenos. 


Agora temos tres zonas ben diferenciadas: zona de secundaria, zona de primaria e recuncho de infantil. Esperamos que vos guste a nova distribución e que vos sexa máis fácil orientarvos na nosa biblio. 



miércoles, 9 de junio de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celebramos o día mundial do medio ambiente, un tema que sempre está de candente actualidade, debido aos retos medioambientais aos que nos enfrontamos como sociedade, de ahí a importancia de concienciar ao noso alumnado nos valores de protección e defensa do medio ambiente. 
Coma sempre, o noso alumnado voluntario mostrouse especialmente activo e foi visitar aos nenos de infantil para lles regalar unhas semprevivas, que pasarán a formar parte do seu "xardín da paz", que como todos lembramos é unha iniciativa que comezamos con motivo do día da paz coa plantación das nosas "plantas da paz".