martes, 9 de junio de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Dende a casa o alumnado de 5º curso de Primaria traballou este contido tan candente e que xustificaría a súa elección como o tema do curso 2019-2020 neste centro.
Mágoa que non poideramos rematalo con normalidade debido a este confinamento que nos deixou un pouco baleiros de acción.




domingo, 17 de mayo de 2020

lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS CONFINAD@S

Propuxemos:
 -creación de contos e logo a súa lectura enviada en videos.
- creación de poemas sobre o que estamos a vivir
Publicamos neste blog un enlace co videoxogo:sobre a vida e obra de Carballo Calero 

letras-galegas-2020


                                  
                                   
   

     

jueves, 23 de abril de 2020

PREMIO CLUBS DE LECTURA POLO DÍA DO LIBRO

Co gallo da conmemoración do Día Mundial do Libro 2020, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, desde a que se coordinan as intervencións da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en materia de bibliotecas escolares e fomento da lectura, dispón: 
 Recoñecer o labor das autoras e dos autores galegos que facilitan cos seus libros a función do profesorado como mediadores de lectura e que concitan o interese das lectoras e dos lectores que participan nos clubs de lectura. Con esta finalidade, creouse en 2015 o Premio dos Clubs de Lectura que, cada ano, se outorgará ao autor ou á autora de obra en galego que resultase seleccionado polo maior número de clubs de lectura, mediante a lectura de un ou varios títulos, no curso precedente.

O premio dos Clubs de Lectura 2020 da Consellería de Educación é para a autora Andrea MaceirasNada na Coruña en 1987, Andrea Maceiras é licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Compaxina o seu labor como escritora coa docencia en Secundaria.  É autora das novelas Proxecto Bolboreta (2007, obra gañadora do I Certame de Micronovela do Concello de Soutomaior), Violeta Tamurana (2010, 4º Premio Meiga Moira e finalista do Premio da Edición 2010 e do Premio Frei Martín Sarmiento 2011), O segredo do lagarto arnal (2012), Nubes de evolución (2013, finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia 2011 e gañadora do Premio Fervenzas Literarias, 2014), Miña querida Sherezade (2014), Volverás, golfiño (2014, finalista do Premio Merlín, 2013), Europa Express (2015, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil), O que sei do silencio (2018, finalista do Premio Raíña Lupa) e Conta nove estrelas (2019, Premio Lazarillo 2018).


sábado, 28 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA, DA AUGA, DO TEATRO...

Todo adiado pola pandemia. Nestes días loucos aínda nos quedan algúns medios de comunicación para mencionalos e facernos reflexionar sobre eles.

 

 

viernes, 20 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER

Estas son as actividades realizadas a día de hoxe: carteles e taller de pintado de camisetas






Tiñamos pensado rematar cunha manifestación de todo o centro para o venres 13 pero o coronavirus impedíuno. Era unha reunión de tod@s coas camisetas pintadas para a ocasión cun símbolo e unha palabra ou lema en galego cantando a canción de Guadi Galego "Matriarcas".
 

lunes, 9 de marzo de 2020

CONTACONTOS

A actriz de teatro Sabela Gago tamén nos visitou na biblioteca para amenizar aos máis pequenos. O alumnado de Infantil, 1º e 2º cursos de Primaria disfrutaron dun momento divertido coas historias maravillosas e sorprendentes desta muller que non é a primeira vez que temos o gusto de tela con nós.
O conto ten como protagonista a un neno aburrido de  continuo que acabou por divertirse cando lle regalan un lápiz máxico que funciona coa imaxinación.