domingo, 23 de febrero de 2020

DESFILE DE ENTROIDO

Como cada ano, a última tarde antes do Entroido saímos desfilar cos nosos traxes, preparados para a ocasión dende hai case que un mes. Cada grupo ou curso elexíu, dentro do tema "Cambio Climático", a súa opción coa súa música e a súa explicación para esta loita. E así quedaron:
Infantil:  árbores estragadas pola seca e os incendios.
1º curso: pingüíns escapados das  terras frías polo derretemento dos polos.
2º curso: planeta enfermo por tantas maldades que lle inflinximos.
3º curso: Climadol, medicamento para salvar o noso planeta con múltiples receitas para non estragalo máis.
4º curso: capitán Planeta e os Planetarios, heroes nacidos para solucionar os problemas ambientais.
5º curso: paneis solares e contedores amarelos, solucións contra tanta contaminación.
6º curso: contrastes entre o natural e o contaminado e contedores de bolsas con crítica aos plásticos.
ESO: grupos reducidos de axentes vixiantes dos montes, limpadores...

 

 





 

lunes, 17 de febrero de 2020

O XORNAL "LA VOZ DE GALICIA" VEU FACERNOS UNHA ENTREVISTA

Recibimos a visita dun xornalista deste medio porque lles interesou moito a nosa Biblioteca Solidaria. Preguntounos pola nosa visita á residencia de maiores e polas lectutas solidarias a pequenos e maiores no noso entorno. Tamén quixeron entrevistar ao alumnado solidario e aos pequenos receptores destas lecturas.
Agardamos a saída no xornal do noso labor.

OS MECOS DO ENTROIDO E OS SEUS MANDADOS

Como cada ano, vén sendo xa tradición, o equipo de biblioteca ten a encomenda de vestir aos mecos e escribir os seus mandados xa que a celebración deste festividade ten relación co tema que este ano ten a nosa biblioteca:
O CAMBIO CLIMÁTICO e a nosa contribución para frealo.


 


martes, 11 de febrero de 2020

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Hoxe tivemos a fantástica visita desta autora galega que esperabamos con ilusión.
Recibímola na biblioteca os aumn@s de 2º,3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria cun gran mural confecionado para a ocasión con debuxos e texto das súas obras.




Despois de ler os seus libros "A tataruga Amodovou" e "Bruxa e familia" aconsellados polos equipos de Biblioteca e o de Dinamización Lingüística, tivemos a oportunidade de falar con ela e que nos contase como chegou a escribir estes libros tan divertidos e tan sensibles.
Para rematar firmounos os exemplares para non esquecernos dela.

lunes, 3 de febrero de 2020

PROXECTO SOBRE OS DINOSAURIOS

En Infantil estudamos os dinosauros e fixemos un minimuseo para podelos ver ben. Aprendimos un montón de cousas sobre eles.

 



OS DINOSAURIOS: no equipo de E.I na aula de 5 anos, este cursos imos estudar os dinosaurios

Que imos estudar con eles:
As letras
Os números
Os tamaños
Pedimos información por parte das familias, en diferentes formatos: camisetas, libros, peluches….
Que faremos para estudar estes animais?
Maquetas
Murais 
debuxos
Que sabemos?
Son grandes
Son terribles
Como chegaron?
Onde foron?
Que queremos saber:
Como se alimentan?
Cantos tipos hai?
Coñecer a historia da terra para coidala
Non fixo falta mais motivación que ver unha película, achegar  un boneco e a nosa imaxinación comezou a voar
Buscamos o tema entre os libros da biblioteca

domingo, 2 de febrero de 2020

DÍA DA PAZ

O día 30 pla tarde escenificamos todo o preparado para a ocasión:
-Manifesto (ESO)
-Illas do Arquipélago da Paz (PRIMARIA)
-Medios para comunicarnos entre illas (INFANTIL)
-Canción "Quérote máis" (TOD@s)

 

sábado, 25 de enero de 2020

PREPARANDO O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O centro celebrará este día cunha actividade conxunta na que traballaremos por equipos o que se chamará "O arquipélago das emocións": cada aula será unha illa na que os diferentes accidentes xeográficos reflectirán as súas emocións. Secundaria escribirá un manifesto para ler ese día, Primaria preparará a canción de "Quérote máis" dos ourensáns Sonoro Maxín e o alumnado de Infantil elaborará medios de transporte (Capitán Empatía) que axudan na viaxe de illa a illa.
O Equipo de Biblioteca exporá fondos bibliográficos na entrada do centro para que ninguén se poida perder ningún detalle.