jueves, 5 de diciembre de 2019

INICIAMOS AS BIBLIOTECAS SOLIDARIAS

Hoxe comezamos a ler na biblioteca aos máis pequenos e tamén na clase de Infantil. Cada ano aumenta o numero de voluntarios solidarios e isto é unha satisfacción para o equipo de biblioteca que ve como o alumnado de 5º e 6º de Primaria está tan disposto a sacrificar os seus recreos en favor desta solidariedade. Os libros elexidos son contos dos nosos fondos,con moita imaxe e pouca letra e a interpretación forma parte da súa maneira de contalo.
                         
 

lunes, 25 de noviembre de 2019

NON É NON

Ao longo destas semanas tivo lugar un taller contra a violencia de xénero que culminará coa elaboración dun grafiti nunha parede exterior do colexio.Tamén se realizaron carteis e murais en diferentes clases. A biblioteca foi un dos lugares onde se realizaron eses carteis ou pancartas xigantes.
Para o día 25 están previstas estas accións:
-Visita do director de curtametraxes David Fidalgo Omil para contarnos a súa vida como creador  e un trailer sobre a súa última obra.
-Lectura dun manifesto.
-Cantamos a Rozalén.
-Participamos nun grafiti coa imaxe de Clara Campoamor co grafiteiro Enrique Gistau.

Mural feito a partires da lectura do libro"Pepuka y el monstruo que se llevó su sonrisa"



Do libro "Rosa Caramelo"

jueves, 14 de noviembre de 2019

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Durante este mes faranse experimentos científicos nas diferentes clases e logo faremos na biblioteca unha exposición con todos eles.
Aproveitamos esta celebración para dar a coñecer os fondos mercados co diñeiro concedido para STEAM. Así como a exposición de libros científicos á entrada da biblioteca.
Tamén se dará a coñecer a figura da nosa coñecida científica Margarita Salas, polo seu recén falecemento.


De non ser por Margarita Salas, a ciencia en España non se tería desenvolvido como o fixo nas últimas décadas.
Foi pioneira da bioloxía molecular, un dos campos en que máis científicos españois despuntaron. Destacou como investigadora nunha época na que era unha anomalía que unha muller se adicara án ciencia. No dubidou en marcharse a Estados Unidos para ampliar a súa formación, lo que tamén era excepcional para a época.
A célula animal e vexetal

viernes, 8 de noviembre de 2019

ENTREGA DE PREMIOS

Chegou o momento da verdade: saber foi merecedor ou merecedora dos premios aos mellores traballos do concurso. Houbo para case totod@s! Un por clase.
Primeiro os autores  premiados leron, ensinaron e incluso representaron para tod@s na biblioteca as súas obras. Despois veu a entrega dos premios.
Elexíuse a "Hora de Ler" do xoves e venres
como momento para a celebración.
 


 



domingo, 27 de octubre de 2019

SAMAGOSTIÑO

Este ano decidimos unificar nun mesmo día as próximas dúas festividades que están moi pertiño no tempo, o Samaín e o Magosto o Samagostiño.
Comezamos cunha seleción de títulos co tema do medo para esta ocasión (xa unha semana antes da celebración). E para a derradeira semana de outubro o seguinte programa:

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O...

SAMAGOSTIÑO






-Contacontos nos recreos:
Luns: Historia do Samaín
Martes: A Santa Compaña
Mércores: O rei Cintolo

-Un dos lugares da Xincana Samagostiño onde se levará a cabo a proba Tetricocionary en inglés e galego e a dramatización de personaxes de medo.
-Exposición de debuxos co lema “personaxes do cambio climático que den medo”

-Exposición de contos de medo e lectura dos mellores.

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de outubro para celebrar esta efeméride puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras en sete cursos e oito aulas do centro, elexindo co profesorado titor as mellores opcións que nos proporciona a biblioteca para crear nov@s lectores. Cada familia poderá dispoñer dunha semana para disfrutar cos libros en galego, castelán e inglés e os DVDs proporcionados, cando xa recorran todos os fogares poderán volver a encherse as mochilas con outras novidades. Tamén disporán dun caderno para anotar todas as impresións producidas á hora de ler ou ver este material.

 

jueves, 17 de octubre de 2019

CHALECOS PARA OS COLABORADORES.-AS

A proposta de visibilizar máis aos colaboradores e colaboradoras da biblioteca colleu forma e decidimos que sería un chaleco, cun logo creado para a ocasión. A eles gustoulles!