jueves, 14 de noviembre de 2019

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Durante este mes faranse experimentos científicos nas diferentes clases e logo faremos na biblioteca unha exposición con todos eles.
Aproveitamos esta celebración para dar a coñecer os fondos mercados co diñeiro concedido para STEAM. Así como a exposición de libros científicos á entrada da biblioteca.
Tamén se dará a coñecer a figura da nosa coñecida científica Margarita Salas, polo seu recén falecemento.


De non ser por Margarita Salas, a ciencia en España non se tería desenvolvido como o fixo nas últimas décadas.
Foi pioneira da bioloxía molecular, un dos campos en que máis científicos españois despuntaron. Destacou como investigadora nunha época na que era unha anomalía que unha muller se adicara án ciencia. No dubidou en marcharse a Estados Unidos para ampliar a súa formación, lo que tamén era excepcional para a época.
A célula animal e vexetal

viernes, 8 de noviembre de 2019

ENTREGA DE PREMIOS

Chegou o momento da verdade: saber foi merecedor ou merecedora dos premios aos mellores traballos do concurso. Houbo para case totod@s! Un por clase.
Primeiro os autores  premiados leron, ensinaron e incluso representaron para tod@s na biblioteca as súas obras. Despois veu a entrega dos premios.
Elexíuse a "Hora de Ler" do xoves e venres
como momento para a celebración.
 


 



domingo, 27 de octubre de 2019

SAMAGOSTIÑO

Este ano decidimos unificar nun mesmo día as próximas dúas festividades que están moi pertiño no tempo, o Samaín e o Magosto o Samagostiño.
Comezamos cunha seleción de títulos co tema do medo para esta ocasión (xa unha semana antes da celebración). E para a derradeira semana de outubro o seguinte programa:

ACTIVIDADES DE BIBLIOTECA PARA CELEBRAR O...

SAMAGOSTIÑO






-Contacontos nos recreos:
Luns: Historia do Samaín
Martes: A Santa Compaña
Mércores: O rei Cintolo

-Un dos lugares da Xincana Samagostiño onde se levará a cabo a proba Tetricocionary en inglés e galego e a dramatización de personaxes de medo.
-Exposición de debuxos co lema “personaxes do cambio climático que den medo”

-Exposición de contos de medo e lectura dos mellores.

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de outubro para celebrar esta efeméride puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras en sete cursos e oito aulas do centro, elexindo co profesorado titor as mellores opcións que nos proporciona a biblioteca para crear nov@s lectores. Cada familia poderá dispoñer dunha semana para disfrutar cos libros en galego, castelán e inglés e os DVDs proporcionados, cando xa recorran todos os fogares poderán volver a encherse as mochilas con outras novidades. Tamén disporán dun caderno para anotar todas as impresións producidas á hora de ler ou ver este material.

 

jueves, 17 de octubre de 2019

CHALECOS PARA OS COLABORADORES.-AS

A proposta de visibilizar máis aos colaboradores e colaboradoras da biblioteca colleu forma e decidimos que sería un chaleco, cun logo creado para a ocasión. A eles gustoulles!

miércoles, 16 de octubre de 2019

NOVA GUÍA DE USUARIOS

Acabamos de rematar a  Guía de Usuarios da Biblioteca  elaborada polo equipo de biblioteca. Agora distribuirase a través dos titores e titoras polas distintas aulas do centro.



jueves, 10 de octubre de 2019

TEMA DO CURSO

Como dende Bibliotecas Escolares este curso non propuxeron ningún tema, o equipo de biblioteca despois de debatir elexíu o  Cambio Climático como tema a desenvolver durante este periodo. Un tema de candente actualidade que podemos levar a cabo nas diferentes actividades programadas para esta tempada.

Por exemplo, nas actividade Samaín buscando personaxes que den medo dentro desta emerxencia: lume, tormentas, xeo, plásticos...