Esta ourensana campiona de España de natación ofreceunos unha charla moi interesante sobre o poder de superación dunha persoa que sofre o accidente que ela sufríu. O alumnado quedou impresionado co seu relato.
viernes, 24 de mayo de 2019
miércoles, 15 de mayo de 2019
LETRAS GALEGAS
Xogando a ser Antón Fraguas
Elaboráronse murais xa pola época do Entroido onde traballou todo o alumnado do centro (agás Infantil). Agora a través dunha xincana de investigación buscaremos polo recinto escolar para resolvela, tamén usaremos a exposición sobre o autor.

Elaboráronse murais xa pola época do Entroido onde traballou todo o alumnado do centro (agás Infantil). Agora a través dunha xincana de investigación buscaremos polo recinto escolar para resolvela, tamén usaremos a exposición sobre o autor.

CANTAR DE CEGO
sobre ANTÓN FRAGUAS
Ímosvos
contar a historia
deste
gran estudoso
que
pasou a vida enteira
Comeza
a vida en Cotobade
decembro
do 1905,
cando
o ano rematababa
vén
ao mundo este meniño.
O
neno medrou xogando
polos
campos de millo,
nos
prados sempre verdes
regados
polo seu rio.
Fillo
dun pai canteiro
e
dunha nai labrega
a
nosa fala galega.
Cando
tiña doce anos
a
familia decide emigrar
e
que antes da partida
a
Vigo ha de ir traballar.
Mais
algo veu a acontecer
coas
fadas do destino
e
un mestre da súa escola
levouno
por outro camiño.
O
mestre convence aos pais
de
que estudase aquí
unha
“carreiriña” curta
antes
de ir ao Brasil.
No
Instituto Xeral Técnico
entra
xa en Pontevedra
e
alí remata os estudos
para
ser mestre de veras.
O
amor pola súa terra
e
os traballos que realizou
foron
por estar a carón
doutros
mestres de paixón.
De
Castelao aprendeu debuxo,
de
Losada Diéguez as ideas
e
doutros o rebulir no peito
do
verme da súa terra.
Cando
chega a Compostela
para
estudar Filosofía
queda
pronto namorado
da
cidade que o atraparía.
Alí
coñeceu compañeiros
e
con eles comezou a escribir
un
dicionario galego
con
palabras do seu vivir.
Nas
Irmandades da Fala
e
no Seminario de Estudos
con
Risco, Otero e Cuevillas
estivo
o noso historiador.
Foi
mestre en A Estrada
onde
co seu alumnado
visitaba
mámoas e castros
e
patrimonio irlle ensinando.
Pronto
chegou a guerra,
do
ensino foi apartado,
regresa
no ano cincuenta
a
Lugo de catedrático.
Máis
tarde sería doutor
pola
universidade madrileña
director
do Museo do Pobo
e
por fin volta a Compostela.
Escribiu
sobre costumes,
cultura,
historia e xeografía,
en
xornais e revistas,
e
libros de etnografía.
Aquí
remata esta historia
que
é a historia dun estudoso
nado
nunha familia humilde
e
que chegou a ser famoso.
Fraguas,
un galego de ben,
antropólogo
e profesor,
director,
cronista, arquiveiro,
xeógrafo
... historiador.
-Debuxo-caricatura
no Panel de Homenaxeados.
-Exposición
da vida e obra de Antón Fraguas.
-Confeción
dun Cantar de Cego sobre o autor.
-Exposición
etnográfica do Entroido en Galicia elaborada polo alumnado do centro
de 1º de Primaria ata 4º da ESO. Emulando o estudo do Entroido que
fixo Antón Fraguas.
-Xincana
con preguntas sobre vida e obra do autor e sobre o Entroido.
-Exposición
na Biblioteca dos libros do e sobre o autor homenaxeado.
-Elaboración
da revista “Furafollas”
-Contacontos
en galego para Infantil (14 de maio)
-Investigación etnográfica sobre o meu lugar emulando a Antón Fraguas.
O
XOVES 16 e MARTES 21 de MAIO
-Inauguración
do Banco do Carballo (aportación da Biblioteca ao proxecto de Voz
Natura) onde se creará un espazo de lectura na natureza.
-Neste
mesmo lugar cantarase o Cantar de Cego.
-Interpretarase
tamén aquí “O casamento da pulga”, un conto tradicional
recollido por Antón Fraguas nun das súas múltiples investigacións.
-Audición
de “Os Graxos” (programas de radio) na biblioteca. Debuxalos
alí.
martes, 7 de mayo de 2019
EDUCACIÓN VIAL
A nosa biblioteca foi escenario das charlas sobre Educacuón Vial. Os cursos de 1º.2º,3º e 4º de Primaria primeiro recibiron a charla na biblioteca, logo foron pasando por diferentes zonas do centro para facer recorridos coas súas bicicletas, monopatíns..., ver o funcionamento dos vehículos de Protección Civil e da Garda Civil.


martes, 23 de abril de 2019
DÍA DO LIBRO
Para celebrar esta data programamos dúas actuacións de contacontos:Unha para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria co contacontos Anxo Moure que xa había tempo que non nos visitaba.
A outra para o resto da Educación Primaria no auditorio de Coles co espectáculo de maxia e a historia de Marco Polo.
En Secundaria rematarán o Gran Libro de "As viaxes de Faildiño" xa escomenzado o curso anterior.
Marcapáxinas con poemas e libros de contos para os máis pequenos foron outras actividades desenvolvidas con motivo desta conmemoración.








martes, 16 de abril de 2019
XOGANDO A SER FAÍLDE
Despois de acudir á exposición en Ourense do escultor que dá nome ao centro ideamos un obradoiro de escultura. Alí traballamos (alumnado de 3º e 4º de Primaria) inspirados polas esculturas de Antonio Faílde e guiándonos polos libros que hai na biblioteca sobre esta figura. A profesora de Secundaria, que tamén é unha artista recoñecida, axudounos e deu pautas para modelar a plastilina e o alumnado de 4º de ESO tamén colaborou coa súa axuda

.
O resultado quedará para unha exposición permanente no centro.

.
O resultado quedará para unha exposición permanente no centro.
sábado, 13 de abril de 2019
CREAMOS CONTOS para unha biblioteca inclusiva
MATERIAIS BIBLIOGRÁFICOS ELABORADOS PARA ALUMNADO CON TEA( TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA) E RETRASO XERALIZADO DO DESENVOLVEMENTO NA AULA ESPECÍFICA DE EDUCACIÓN ESPECIAL NESTE CURSO:LIBROS DE CONTOS CON PICTOGRAMAS:
Adáptase “ El conejo blanco” con traducción a galego e imaxes , pictogramas e narrativa axeitada ao nivel do alumnado. Compleméntase co libro de preguntas en relación co texto e cun panel mural e persoaxes para a súa representación.
MANUAIS CON PICTOGRAMAS PARA TRABALLAR OS CENTROS DE INTERÉSSon manuais das áreas de Ciencias Naturais e Sociais que se elaboran como ampliación de contidos traballados en anos anteriores e novos manuais.
Durante este curso elaboráronse os seguintes:
“PAISAXE DE OUTONO ”,
“FALAMOS DO NADAL”
“PAISAXE DE INVERNO”,
“ O ENTROIDO” “ÁRBORES E PLANTAS”.
LIBROS DE LECTOESCRITURA GLOBAL CON PICTOGRAMAS
Son libros con vocabulario que se foi traballando nos centros de interés.
domingo, 7 de abril de 2019
Polo Día da Auga e as Árbores
Traballamos polo Día da Auga e as Árbores un libro de Antonio Perozo que a Deputación de Ourense nos enviou como agasallo. Despois de lelo na Hora de Ler, de comentalo e analizalo fixemos debuxos e manualidades sobre os lugares visitados na provincia de Ourense pola Dama de Auga e as Negras Sombras, coñecimos as árbores que aparecen na historia e as súas propiedades...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















