lunes, 22 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 22 de outubro celebramos este día con algunhas actividades:
-Visionado de "O neno comelibros"
-Explicación da exposición sobre a CDU ilustrada e engadida á xa existente

-Posta en marcha das Mochilas Viaxeiras

viernes, 19 de octubre de 2018

BIBLIOTECA INCLUSIVA

O material adquirido pola Biblioteca coa asignación concedida o curso pasado comeza a poñerse en práctica


 

TALLER DE TEATRO

A Biblioteca impulsa un taller de teatro de títeres que está preparando co alumnado de terceiro de Primaria: "A outra historia da  Carapuchiña Vermella"


GUÍA DO USUARIO






viernes, 12 de octubre de 2018

HORA DE LER

Co novo horario de mañá e tarde comeza este período tan esperado. As opcións son varias:
moito profesorado opta por deixar lectura libre ao seu alumnado e leva da biblioteca libros para a súa biblioteca de aula, outro prefire lecturas dirixidas e leva coleccións e outro prepara ao seu alumnado para que este vaia polas clases dos pequenos e pequenas a lerlle os contos que ensaiaron antes.

Esta é unha manualidade que un alumno de 3º de Primaria confecionou para a lectura de "La mosca de la tele"

COLABORAMOS CO PROXECTO VOZ NATURA

Unha das actividades que o equipo de biblioteca decidíu para colaborar con este proxecto é o da exposición de material da biblioteca relativo a este tema. Esta exposición estará destinada a todas as etapas educativas e irá cambiando cada mes. Así conseguiremos a visibilidade de todos os fondos que posúe esta biblioteca nun lugar privilexiado: a entrada do centro.

viernes, 14 de septiembre de 2018

NOVA ANDADURA

Comezamos este curso con forzas renovadas e cun equipo de biblioteca que varía con respecto ao curso anterior. Esperamos estar á altura deste gran espazo.
O traballo destes primeiros días será:
-Reunión do equipo para obter ideas de actuación.
-Creación de novos carnés para o alumnado de 1º de Primaria, para o novo alumnado e profesorado.
-Confeción da Guía do Usuario.
-Asesoramento ao profesorado sobre posibles lecturas para a Hora de Ler.
-Pedir colaboradores entre o alumnado de 4º,5º e 6º (se é posible tamén na ESO).