A nosa biblioteca serviu de lugar de encontro e medio de difusión dos dous días de xornadas de Educación Vial. Todo o alumnado de Infantil e Primaria foi pasando por aquí para recibir instrucións teóricas e visuais sobre o comportamento nas distintas ocasións en que eles poden estar implicados.
Máis tarde conduciron as súas bicis e patinetes nun circuíto montado para a ocasión no patio de xogos. E tiveron a oprtunidade de coñecer e montar nun helicóptero da DGT, nun camión de bombeiros, nunha barca de rescate e nas motos da Garda Civil. Todo un espectáculo!
martes, 1 de mayo de 2018
miércoles, 25 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO
BIBLIOBURRO
Este video foi elaborado para a ocasión por profesorado voluntario da Biblioteca, aproveitando un material pedido á ONG Save the Children. Despois do seu visionado na biblioteca elaboráronse marcapáxinas para conseguir fondos para esta organización que axuden a conseguir alimentos, auga potable, sementes, médicos e escolas para nenos e nenas de Sudán.
lunes, 23 de abril de 2018
miércoles, 18 de abril de 2018
CHARLA NA NOSA BIBLIOTECA SOBRE A UNIVERSIDADE
Onte visitounos un membro da USC, Francisco Javier López González, coordinador do programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC" no campus de Lugo.
Este programa ten como obxectivo dar a coñecer a oferta académica ao potencial alumnado universitario, que non é outro que o noso alumnado actual.
Este programa ten como obxectivo dar a coñecer a oferta académica ao potencial alumnado universitario, que non é outro que o noso alumnado actual.
PREPARANDO O DÍA DO LIBRO
Reunido o equipo da biblioteca decidimos presentar ao claustro e poñer en marcha as seguintes actividades:
-Continuación na ESO do Gran Libro de Aventuras de Faildiño, iniciado o curso pasado en Infantil e Primaria.
-Confeción dunha caixa de comprimidos de Lecturina Forte, medicamento contra a ignorancia, onde cada alumno e alumna recomendará un libro.
-Poñer en práctica unha campaña de Save the Children para coñecer os biblioburros nos paises menos denrolados. Contando contos na biblioteca, vendo o libro no ordenador e realizando actividades propostas na súa guía didáctica. A ONG agasallounos con marcapáxinas para todo o alumnado.

miércoles, 11 de abril de 2018
PREPARANDO A VISITA Á GARDERÍA DO ALUMNADO SOLIDARIO
O alumnado solidario elexíu para a ocasión o conto na biblioteca. Agora deberán preparalo para a semana que vén , no espazo da biblioteca ensaiaremos estes contacontos, engadindo algún instrumento musical e alguna poesía recitada.
A visita que estaba programada para este trimestre está á espera de concretar co persoal de dita gardería.
A visita que estaba programada para este trimestre está á espera de concretar co persoal de dita gardería.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)