viernes, 2 de marzo de 2018

CAMIÑO DE SANTIAGO

O alumnado de 5º de Primaria investigou sobre o tema durante esta avaliación: significado, orixe, lendas, documentación, vestimenta, motivos para facelo...  O resultado amosáronllo a outros alumnos e alumnas do centro na biblioteca. Non hai sitio mellor! Todos explicaron o seu traballo de investigación, que sabían de memoria.
Este traballo quedará exposto nos taboleiros dos corredores e algunha lenda recollida será publicada na revista "Furafollas" a final de curso.

                      

 

viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

Para celebrar este día especial a biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística Galega prepararon actividades especiais:
En Secundaria o alumnado confecionou foto-poemas e debuxo-poemas de Rosalía de Castro para unha posterior  visualización na entrada do colexio, imitando fiestras.
En Primaria o alumnado de 5º e 6º preparou poemas de Rosalía para recitarllelos aos máis pequenos.
En Infantil disfrutaron dos poemas de Rosalía recitados, escenificados e incluso cantados.




                               

lunes, 19 de febrero de 2018

NOVO RECUNCHO

Para os máis pequenos e tamén para facer realidade o de sermos unha biblioteca  inclusiva, adquiríuse unha alfombra puzzle e preparamos este recuncho na nosa biblioteca.

martes, 6 de febrero de 2018

PREPARANDO O ENTROIDO

Dende a nosa biblioteca contribuimos a informar e documentar para a celebración desta festa tradicional e para a confeción dos diferentes disfraces.
O libro "No corazón da fraga"de Fdez Naval servíu de fío condutor para
desenvolver a escenificación do                                                                                                                ecosistema da fraga, tema elexido                                                                                                             para o noso Entroido.

miércoles, 31 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

Todo o alumnado e profesorado preparamos a torta da PAZ, cada clase co seu ingrediente. O día 30 pola tarde saímos ao patio para cociñala. Botamos os ingredientes na cazola coa correspondente mensaxe, remeximos ben... Mentres se cociñaba cantamos e bailamos cancións da Paz. Ao final quedounos unha torta riquísima e todos comimos dela.







 

 


 


viernes, 19 de enero de 2018

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

Preparamos o día da Paz con antelación pois xuntase no tempo esta conmemoración co Entroido, o San Valentín e seguidamente o día de Rosalía de Castro.
Principiaremos por expoñer nos paneis da biblioteca (dentro e fóra) a bibliografía necesaria para que nas clases se traballe este tema. A biblioteca adquiríu tamén varios exemplares para esta ocasión.

domingo, 14 de enero de 2018

NOVO ANO E REFORMAS

A piques de rematar as obras que nos tiveron un pouco paralizada a biblioteca, xa poidemos entrar nos recreos para o ofrecer o servizo de préstamo e  de lugar de traballo, aínda non están conectados ordenadores e pantalla que esperamos se resolva nestes días.
Tamén o ano novo nos trouxo unha gran sorpresa: a concesión dunha asignación económica para bibliotecas inclusivas que xa estamos estudando como invertir.
A primeira actividade que desenvolveremos, despois das actividades diarias rutinarias, será a exposición de libros e material audiovisual relativo á PAZ, amizade, amor, solidariedade, igualdade...e todo o que teña que ver con estes valores.