martes, 23 de mayo de 2017
miércoles, 17 de mayo de 2017
DÍA DAS LETRAS E CARLOS CASARES

A biblioteca dispón de bastantes obras de Carlos Casares e biografías que se puxeron á disposición do centro para a súa utilización en diferentes actividades. Tamén durante or recreos desta semana se proxectaron vídeos sobre o autor e a súa obra. Elaborouse un mural xigante coa súa caricatura, un texto do autor e traballos do alumnado. Expóñense as caricaturas do concurso. Na biblioteca faise un roteiro polo Ourense de Casares. Lense e escenifícanse os seus contos...miércoles, 10 de mayo de 2017
BIBLIOTECAS SOLIDARIAS COS NOSOS MAIORES
Hoxe foi o día programado para a visita á residencia "As Carballas". Levabamos varios días ensaiando as nosas lecturas:
"Adiós rios, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
"Un millón de vacas" de Manuel Rivas.
"Sobre a morte de Bieito" de Rafael Dieste.
"A ra que odiaba a súa lingua" do EDLG deste centro.
"Ramón e burro do alcalde" de Mario Pereira.
"O home que non sabía que facer" de Sechu Sende
"Adiós rios, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
"Un millón de vacas" de Manuel Rivas.
"Sobre a morte de Bieito" de Rafael Dieste.
"A ra que odiaba a súa lingua" do EDLG deste centro.
"Ramón e burro do alcalde" de Mario Pereira.
"O home que non sabía que facer" de Sechu Sende
martes, 9 de mayo de 2017
DÍPTICOS DOS ESCULTORES OURENSÁNS
Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria realizaron uns dípticos dos escultores traballados no proxecto, indicando as obras máis importantes na cidade de Ourense, a súa situación e a data de colocación.
Nesta imaxe podedes ver algúns dos traballos do proxecto.
viernes, 5 de mayo de 2017
PREPARAMOS A BIBLIOTECA PARA RECIBIR ÁS LETRAS GALEGAS
Nesta época comezamos a preparación deste día especial:-Buscamos (o alumnado encargado) o fondo bibliográfico de Carlos Casares.
-Adquirimos obras novas.
-Documentámonos para a elaboración dun artigo para a revista escolar sobre autor e obra.
-Buscamos unha reflexión do autor para a elaboración dun panel xigante.
-Expoñemos todos os libros catalogados sobre o mesmo.
-Elaboramos un cartel anunciador.
-Planificamos actividades actividades, visitas de escritores, teatro...
lunes, 24 de abril de 2017
jueves, 20 de abril de 2017
DíA DO LIBRO
Para celebrar esta ocasión propoñemos a confeción dun Libro creado por todo o noso alumnado, dende os máis pequenos (colaborarán con debuxos os que aínda non saiban ler) ata os de 4º da ESO.
O tema será: As viaxes de Faíldiño, e esta é a carta enviada pola nosa mascota a todos os grupos:
Ola amiguiños e amiguiñas!
Xa estamos no terceiro trimestre e pouco nos queda
Polo Día do Libro (23 de abril) queremos facer un para a nosa biblioteca, empezarán os máis pequenos e seguirán por orde cronolóxica ata chegar aos maiores. Este libro quedará na biblioteca para que todos e todas o poidamos ler.
Eu tamén, que vou quedar so todo o verán, farame compaña estes meses sen vós.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega tamén me pide que axudedes na revista “Furafollas” . Con todo o que se vos ocorra, pero haberá concurso de comics e
portadas no que tamén podedes participar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









