O equipo de biblioteca decidíu decorar as escaleiras con poemas. O primeiro tramo delas cun poema de Gustavo Adolfo Bécquer, axeitado ao alumnado de Infantil e Primaria e no seguinte tramo cun poema de Celso Emilio Ferreiro, axeitado ao alumnado de Secundaria. Ambos os dous falan do concepto de POESÍA. A idea sería cambialos todos os anos e seguir aumentando.domingo, 9 de abril de 2017
DECORAMOS CUN POEMA
O equipo de biblioteca decidíu decorar as escaleiras con poemas. O primeiro tramo delas cun poema de Gustavo Adolfo Bécquer, axeitado ao alumnado de Infantil e Primaria e no seguinte tramo cun poema de Celso Emilio Ferreiro, axeitado ao alumnado de Secundaria. Ambos os dous falan do concepto de POESÍA. A idea sería cambialos todos os anos e seguir aumentando.viernes, 7 de abril de 2017
ROTEIRO ESCULTÓRICO POR OURENSE
O venres, 7 de abril, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha visita ao Parque Miño, onde puideron ver diferentes obras dos escultores traballados. A continuación camiñaron polas rúas de Ourense seguindo un itinerario elaborado por eles e podendo observar diferentes esculturas. Remataron a mañá, visitando o Belén de Baltar.
PLANO DE ESCULTURAS
Os alumnos/as de 5º e 6º estiveron traballando, por parellas, na elaboración dun plano coas principais obras escultóricas da cidade ( só as dos escultores traballados no proxecto).
Fixeron a lenda e foron situando no plano con gomets de diferentes cores as principais obras, logo colorearon o itinerario que se podería seguir para visitalas.
Fixeron a lenda e foron situando no plano con gomets de diferentes cores as principais obras, logo colorearon o itinerario que se podería seguir para visitalas.
jueves, 6 de abril de 2017
RECOMENDACIÓNS DAS NOVIDADES
Para estas vacacións de Pascua fixemos un tríptico destinado a ser exposto na biblioteca, no panel de anuncios e neste blog coas novidades entrantes neste trimestre, chamámolo "Recomendacións de Primavera":
sábado, 25 de marzo de 2017
MURAL DO DÍA DA MULLER
O alumnado de Secundaria investigou sobre algunhas MULLERES GALEGAS na historia e na actualidade, coa intención de seguir en anos vindeiros esta investigación. Titulámolo
"Elas, as Nosas". Aquí está o resultado:
"Elas, as Nosas". Aquí está o resultado:
martes, 21 de marzo de 2017
DÍA DA POESÍA
Celebramos este día cun gran cartel nas escaleiras principais anunciando esta data.
Lemos poesías nas clases e na biblioteca.
Expuxemos no noso taboleiro recomendador unha chea de libros de poemas.
Na biblioteca durante os recreos escollimos poemas para escribilo na escaleira principal.
Creamos un cartel para o blog.
Gloria Fuertes segue a ser traballada na clase de 2º de Primaria e sorprendéronnos coas súas caricaturas.
Lemos poesías nas clases e na biblioteca.Expuxemos no noso taboleiro recomendador unha chea de libros de poemas.
Na biblioteca durante os recreos escollimos poemas para escribilo na escaleira principal.Creamos un cartel para o blog.
Gloria Fuertes segue a ser traballada na clase de 2º de Primaria e sorprendéronnos coas súas caricaturas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



