viernes, 17 de marzo de 2017

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Celebrouse a reunión do club de lectura "Os amigos das palabras" na biblioteca, para a ocasión habilitouse un espazo no interior da biblioteca onde se colgaron  follas de cores escritas con frases, ditos, refráns e historias relativas ao tema que se vai tratar esta andadura:
a muller














Libros recomendados

viernes, 10 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER

Espuxéronse libros de grandes mulleres na Historia da Humanidade, tanto galegas como do mundo en xeral. Traballouse A MULLER GALEGA en particular para a elaboración dun gran mural permanente no tempo. Os carteis elaborados en conxunto co EDLG foron autoría do equipo da Biblioteca, que como é sabido coinciden en varios membros.

martes, 7 de marzo de 2017

VISITA DA CONTACONTOS

Hoxe visitounos  María Carrera, unha contacontos de Bueu que nos deleitou coa súa guitarra e cunha historia-biografía de Gloria Fuertes. Esta poeta cumpliría  agora  os 100 anos e quixémola rememorar con esta actuación e tamén
 co motivo do Día da Poesía que terá lugar os vindeiros días. O alumnado de Infantil e Primaria foi quen disfrutou deste acontecer.



viernes, 24 de febrero de 2017

ENTROIDO DE ARTE E ARTISTAS





Como este curso a biblioteca é Territorio das Artes, decidimos que o noso Entroido tamén discurrira por este tema. E así cada nivel optou por un artista pintor, agás os peques que decidiron ser os artistas pintores. Aproveitamos para estudar aos nosos pintores máis vistosos a través do noso  disfraz. E así foi o resultado:


DÍA DE ROSALÍA




Aínda que coincidíu co Entroido, tamén hobo tempo de adicarlle á nosa escritora máis universal.
Colocamos un mural na entrada, amosamos a súa obra, limos e recitamos os seus poemas na biblioteca e fora dela límoslle algún poema sinxelo aos máis pequenos.

  Vista cos ollos dos   oito anos.                  

jueves, 23 de febrero de 2017

LECTURAS SOLIDARIAS

O voluntariado solidario entregouse nunha nova lectura de contos e poemas  aos máis pequenos. Fixéronse lecturas co tema da PAZ (porque cando coincidíu esta data estaban de excursión) e tamén polo Día de Rosalía. Engatusados quedaron estes pequenos.




martes, 21 de febrero de 2017

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: ESCULTORES OURENSÁNS

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria están a facer un traballo de investigación sobre os escultores ourensáns.
Primeiramente buscaron información sobre a escultura( tipos e técnicas) e visionaron diferentes vídeos sobre o tema. Fixeron un traballo sobre a escultura e logo expuxéronllo ao resto de compañeiros.

O equipo da biblioteca aportounos bibliografía sobre os escultores e concertou a visita do escultor Moxón.