martes, 20 de octubre de 2015

NOVO CURSO ESCOLAR


Este curso teremos moitas novidades. A primeira será acolaboración estreita co EDLG do centro, compartindo mascota (o Faildiño animará á lectura). A segunda a volta das "Mochilas viaxeiras", os clubes de lectura e tamén a creación de espazos abertos a toda a comunidade escolar... Iremos informando pouco a pouco das ideas xurdidas polo inicio de curso e a nova andadura deste novo Equipo de Biblioteca. Polo de agora fixemos os carnés ao alumnado de 1º de Primaria, así como ao alumnado e profesorado novo; refixemos as "Normas e usos da Biblioteca" , creamos chapas para os axudantes e decoramos algo o entorno.


jueves, 21 de mayo de 2015

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Concurso "As preguntas encadeadas"

        Resposta á 1ª pregunta:



       O glaciar máis grande dos Pirineos é o do Aneto.

       Atoparon a resposta Paula Fernández Rozas, Brais Fernández Prieto e Fabio Arévalo.

sábado, 31 de mayo de 2014

Concurso "As preguntas encadeadas"

1ª pregunta: 

     Iniciamos o concurso partindo da resposta da última edición : o glaciar máis longo dos Alpes é o Aletsch con 23 km de lonxitude.

     E cal é o glaciar máis grande dos Pirineos?

Concurso "As preguntas encadeadas"

5ª edición

Convocamos unha nova edición do concurso “As preguntas encadeadas”.
As bases son as seguintes:
     1) Poderán participar todos os alumnos de ESO.
    2) O concurso consiste na búsqueda de información en libros que se atopan na     biblioteca.
    3) Os participantes deberán contestar tres preguntas.
   4) Os venres publicarase no blog da biblioteca e tamén se exporá na entrada          unha pregunta.
   5) As solución anotaranse en impresos que se atopan na biblioteca. O prazo de     entrega remata o xoves de cada semana.
  6) Hai que contestar obrigatoriamente as tres preguntas xa que cada unha dá a clave para responder a seguinte.
   7)  Os premiados elexirán como agasallo: libros, discos ou películas.